jueves, 28 de noviembre de 2013

Viñetas silenciadas. Malala dá voz ás nenas e nenos de todo o mundo

Seguramente coñeceredes a historia de Malala, a rapaza paquistaní que hai cousa dun ano sufriu un atentado polo seu traballo en defensa dos dereitos das nenas. 
Pola súa valentía, Malala, ademais de ser nominada ao Nobel da Paz, recibiu numerosos premios:  
  • Premio UNICEF 2013 de España, pola defensa do dereito das nenas á educación.
  • Premio da Paz Internacional Tipperary 2013, de Gran Bretaña.
  • Premio Embaixadora de Conciencia 2013, de Amnistía Internacional.
  • Premio Internacional Infantil da Paz 2013, de Holanda
  • Premio Internacional Cataluña 2013.
  • Premio Clinton Cidadá Global 2013, pola Fundación Clinton. 
  • Premio Peter Gomes 2013, da Universidade de Harvard.
  • Premio Sajarov á Liberdade de Conciencia 2013, da Eurocámara.

Malala recibindo o premio Sajarov. Pincha na imaxe para ver a nosa exposición
Nós, no noso cole, tamén quixemos mostrarlle o noso recoñecemento, adicándolle a ela o día contra a violencia de xénero. Para commemorar esta data, fixemos unha exposición titulada "Viñetas silenciadas", na que pretendemos reflectir graficamente o silencio ao que se ven relegadas moitas nenas no mundo, sometidas sempre a un segundo plano...se é que hai un plano para elas. 
Queremos dalgún xeito expresar que a valentía de Malala dá voz a todas esas voces silenciadas. E contribuír, dalgún xeito, a que esas voces teñan presenza no noso espazo cotiá.