martes, 4 de junio de 2013

Saída ao Parque Natural de Corrubedo


Pincha para ver todas as imaxes
A semana pasada, fomos en autobús cos de primeiro ao parque natural de Corrubedo.
Levei unha viseira para o sol,a miña M2 para facer fotos, prismáticos para ver animais, a merenda para comer,e as gafas de sol.
Alí vin flores, un esquío, un coello, gaivotas patiamarelas e un helicóptero.

As normas son:
  • Non facer lume.
  • Non ir con coche nin motos.
  • Non arrancar plantas.
  • Non saír da pasarela.
  • Non levar nada.
  • Non matar animais.
Trouxen as cousas que vin en fotos e debuxos.

Traballo feito por Laura e David.

miércoles, 29 de mayo de 2013

Álbum de animais do Parque de Corrubedo

Aquí vos deixo o último traballo feito por nós na aula de informática.
Trátase dun álbum onde se recollen as características dalgúns dos animais presentes no Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Despois de ter buscado información en libros, guías e internet sobre a fauna do Parque, escolleron cadanseu animal dos traballados, e fixeron unha ficha con el, atendendo ao modelo que eu lles puxen.
Buscaron as imaxes na rede, e a información na Galipedia e outras páxinas web.
Non se puxeron máis normas para a elección que a de que o animal escollido estivese dentro da fauna traballada, é por iso que figuran algúns animais repetidos varias veces...Entendo que pode resultar monótono, pero responde
unicamente aos gustos do alumnado, así que tamén é un modo de recoller a popularidade que algúns animais teñen na nosa clase.
Ademais de aprender sobre animais, tamén aprendemos a buscar unha imaxe e gardala
nunha carpeta, a crear un documento, a inserir unha imaxe nun documento, a inserir unhatáboa...

E pasámolo moi ben!

miércoles, 22 de mayo de 2013

Plasticoñe



Onte fixemos unha clase de plasticoñe.  Facía moi bo tempo, así que pensamos que ningún sitio mellor que o noso patio para observar as plantas, as partes que teñen, os diferentes tipos de talos, follas, flores...
Ademais, tivemos ocasión de observar varios insectos polinizadores, que se achegaban larpeiros ao noso xardín de herbas aromáticas.
Levamos o noso bloc de debuxo, e alí deixamos constancia das nosas observacións.
Resultou moi relaxante.
Aquí vos quedan as imaxes que a profe foi roubando coa súa cámara. Pinchade na foto para ver as outras.

viernes, 3 de mayo de 2013

Apadriñamento lector

O outro día linlle un conto a Antía de 3 anos. Escollín un libro chamado "Cocorico", fómolo ler a biblioteca no espazo das cadeiras.
Todo isto chámase ¡apadriñamento lector!
Sentinme especial, a actividade de apadriñamento lector gustoume.

martes, 30 de abril de 2013

Binomio fantástico: gato e corazón


O outro día fixemos un traballo de redacción a partir do binomio fantástico.
O binomio fantástico é que se escollen dúas cousas que non teñen moita relación, e se inventa unha historia sobre elas.
Fixémolo por parellas, e nós escollemos gato e corazón. O texto que inventamos foi este:

O gato está namorado e ten o corazón como un bombón e parece un rato metido nun caixón, abren o caixón  e encontran o rato. E o gato e alá vai porque acabou no seu burato.


Feito por Flora e Antía.

jueves, 18 de abril de 2013

Pintar coma Pollock

 Pintar como Pollock


Nós para pintar como Pollock usamos unhas canicas molladas en pintura.
Utilizamos uns pinceis, uns folios e caixas. Metiamos canica, mollabamos o pincel en pintura e despois sacudiámolo  no papel para que caera a pintura, con pintura na caixa de cartón e moviámola. Dun lado a outro, movendo e movendo pintamos un folio cada un.

miércoles, 10 de abril de 2013

Pintando como Pollock

Na clase de plástica, estivemos traballando un autor que se chama Jackson Pollock.
Jackson Pollock considérase o precursor do expresionismo abstracto. Pintaba utilizando técnicas que nunca se utilizaran anteriormente, e que se chamaron "Action Painting".
Utilizaba os pinceis de forma ríxida, con movementos rápidos, ás veces lanzándoa con forza contra o lenzo; ás veces deixándoa pingar dende o bote de pintura, ao que lle facía un furado, sobre o lenzo, movéndoo con rapidez; tamén usaba aerosois.
Para obter resultados que recorden a Pollock, nos utilizamos unha técnica mixta para a que precisamos: unha caixa pouco profunda, folios, pintura, canicas e pinceis. 
Poñemos o folio dentro da caixa, e mollamos as canicas en pintura. Collemos varias canicas, metémolas na caixa, sobre o folio, e movemos a caixa en distintas direccións, de modo que as canicas van marcando sobre o folio o seu percorrido con cores.
Despois, mollando o pincel en pintura, lanzámola con forza contra o folio, para salpicar nel a pintura, como facía Pollock.
Na galería de imaxes podedes ver como o fixemos.
Pasámolo pipa!