miércoles, 19 de junio de 2013
O porquiño que perdera a cabeza
Durante parte deste curso, na hora de Atención Educativa estivemos preparando unha pequena obra de teatro.
O outro día fixemos a representación para todo o colexio: primeiro para o alumnado de Educación infantil, despois para primeiro e terceiro, e por último para cuarto, quinto e sexto. Foi unha xornada agotadora! Menos mal que o noso elenco de actrices e actores é de categoría, e aguanta o que lle boten. :-)
Onte, na penúltima sesión do curso, aproveitamos para volver a representala na biblioteca, coa idea de gravala e ter un recordo.
Aquí vos queda. Son consciente de que a calidade do vídeo non é gran cousa, pero seguro que ese pequeno defecto se ve compensado polo pracer de poder ver a actuación.
E, como esta é a última entrada no blogue por este curso...feliz verán!!! (se é que acaba de chegar, claro...)
martes, 4 de junio de 2013
Saída ao Parque Natural de Corrubedo
| Pincha para ver todas as imaxes |
Levei unha viseira para o sol,a miña M2 para facer fotos, prismáticos para ver animais, a merenda para comer,e as gafas de sol.
Alí vin flores, un esquío, un coello, gaivotas patiamarelas e un helicóptero.
As normas son:
- Non facer lume.
- Non ir con coche nin motos.
- Non arrancar plantas.
- Non saír da pasarela.
- Non levar nada.
- Non matar animais.
Traballo feito por Laura e David.
miércoles, 29 de mayo de 2013
Álbum de animais do Parque de Corrubedo
Aquí vos deixo o último traballo feito por nós na aula de informática.Trátase dun álbum onde se recollen as características dalgúns dos animais presentes no Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.Despois de ter buscado información en libros, guías e internet sobre a fauna do Parque, escolleron cadanseu animal dos traballados, e fixeron unha ficha con el, atendendo ao modelo que eu lles puxen.
Buscaron as imaxes na rede, e a información na Galipedia e outras páxinas web.
Non se puxeron máis normas para a elección que a de que o animal escollido estivese dentro da fauna traballada, é por iso que figuran algúns animais repetidos varias veces...Entendo que pode resultar monótono, pero responde
unicamente aos gustos do alumnado, así que tamén é un modo de recoller a popularidade que algúns animais teñen na nosa clase.
Ademais de aprender sobre animais, tamén aprendemos a buscar unha imaxe e gardala
nunha carpeta, a crear un documento, a inserir unha imaxe nun documento, a inserir unhatáboa...E pasámolo moi ben!
miércoles, 22 de mayo de 2013
Plasticoñe
Onte fixemos unha clase de plasticoñe. Facía moi bo tempo, así que pensamos que ningún sitio mellor que o noso patio para observar as plantas, as partes que teñen, os diferentes tipos de talos, follas, flores...
Ademais, tivemos ocasión de observar varios insectos polinizadores, que se achegaban larpeiros ao noso xardín de herbas aromáticas.
Levamos o noso bloc de debuxo, e alí deixamos constancia das nosas observacións.
Resultou moi relaxante.
Aquí vos quedan as imaxes que a profe foi roubando coa súa cámara. Pinchade na foto para ver as outras.
viernes, 3 de mayo de 2013
Apadriñamento lector
O outro día linlle un conto a Antía de 3 anos. Escollín un libro chamado "Cocorico", fómolo ler a biblioteca no espazo das cadeiras.
Todo isto chámase ¡apadriñamento lector!
Sentinme especial, a actividade de apadriñamento lector gustoume.
Todo isto chámase ¡apadriñamento lector!
Sentinme especial, a actividade de apadriñamento lector gustoume.
martes, 30 de abril de 2013
Binomio fantástico: gato e corazón
O outro día fixemos un traballo de redacción a partir do binomio fantástico.
O binomio fantástico é que se escollen dúas cousas que non teñen moita relación, e se inventa unha historia sobre elas.
Fixémolo por parellas, e nós escollemos gato e corazón. O texto que inventamos foi este:
O gato está namorado e ten o corazón como un bombón e parece un rato metido nun caixón, abren o caixón e encontran o rato. E o gato e alá vai porque acabou no seu burato.
Feito por Flora e Antía.
jueves, 18 de abril de 2013
Pintar coma Pollock
Pintar como Pollock
Nós para pintar como Pollock usamos unhas canicas molladas en pintura.
Utilizamos uns pinceis, uns folios e caixas. Metiamos canica, mollabamos o pincel en pintura e despois sacudiámolo no papel para que caera a pintura, con pintura na caixa de cartón e moviámola. Dun lado a outro, movendo e movendo pintamos un folio cada un.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
