Hoxe o cole estaba cheo de batas brancas. Parecía un Congreso da Ciencia! Por obra e gracia de Don Entroido, deixamos por un anaco a nosa vida real, e convertémonos nun grupo de científic@s do máis variopinto. Había quen se adicaba a investigar os animais, quen optaba pola auga, o sangue... Fixádevos nas imaxes, como compartimos os nosos saberes co resto do grupo, co entusiasmo propio de mentes privilexiadas como as nosas. Como se enteren da revista Investigación e Ciencia, veñen aquí para captar "cerebros"!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario