|
Yamila e Antonio facendo boas migas. Pincha na foto para ver outras. |
O luns viñeron persoas maiores da residencia.Viñeron porque os invitamos, e porque estabamos estudando o Alzheimer.
Estivemos facendo un xogo de memoria, que consistía en que aparecíanche catro imaxes parecidas. Había dous equipos, o equipo dos avós e avoas e o equipo 2 era o da nosa clase.
E por último, pintamos. Mentres que pintamos, preguntinlle:
Cantos anos tes? El díxome:
Ti cantos pensas que teño? Eu dixen:
75? El díxome:
Estás moi cerca, teño 81, es moi lista. Eu dixen:
Grazas. Despois díxenlle:
Viaxabas moito? El díxome:
Si, porque era condutor de máquinas, e como viaxaba polo monte...A miña esposa morreu hai moito, teño 2 fillos, un vive en Madrid e outro con el, chámome Antonio e vivo na Pobra do Caramiñal.
Eu regaleille o meu debuxo, antes de marchar Antonio deume un bico e foise, despois foi como se un cacho do meu corazón deixara a Antonio nel, despois axudei a unha avoa a andar, e ela deume outro bico.
Entrada feita por Yamila.