Mostrando entradas con la etiqueta Aguiño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aguiño. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de marzo de 2015

Gráficas dos sectores laborais a partir da enquisa

Hai uns días, levamos unha enquisa sobre o traballo para facerlle á xente da nosa familia ou da veciñanza.
Despois, na clase, estivemos traballando un pouco cos datos, organizándoos en táboas e facendo con eles gráficas, que nos axudan a ver dun golpe de vista a información máis básica.
Por exemplo, cal é o sector laboral no que traballan máis homes ou máis mulleres. Cos datos obtidos, as gráficas respectivas son estas:


Como vemos, o sector primario ten especial incidencia nos homes, mentres que o sector terciario é o que predomina nos traballos das mulleres.
Tamén miramos se o traballo realizado era ou non remunerado. O traballo non remunerado é realizado case sempre por mulleres. A gráfica é esta:
Outra das preguntas era que cousa lle gustaba á xente máis do seu traballo, e que cousa menos. Con ese dato non se poden facer gráficas, pero si que fixemos unha nube de palabras, na que sae máis grande aquelo que se repite máis veces.
O que máis lle gusta á xente de Aguiño que realizou a enquisa podemos velo nesta nube de palabras:



Tamén hai cousas desagradables no noso traballo...e tamén esas quedaron recollidas nunha nube de palabras que fixemos entre todo o grupo:


Agora sabemos un pouco máis sobre os sectores laborais, o que significa cada un, e cales teñen máis peso na nosa localidade.

miércoles, 23 de octubre de 2013

A visita dos avós e avoas

Yamila e Antonio facendo boas migas. Pincha na foto para ver outras.

O luns viñeron persoas maiores da residencia.Viñeron porque os invitamos, e porque estabamos estudando o Alzheimer.
Estivemos facendo un xogo de memoria, que consistía en que aparecíanche catro imaxes parecidas. Había dous equipos, o equipo dos avós e avoas e o equipo 2 era o da nosa clase.
E por último, pintamos. Mentres que pintamos, preguntinlle: Cantos anos tes? El díxome: Ti cantos pensas que teño? Eu dixen: 75? El díxome: Estás moi cerca, teño 81, es moi lista. Eu dixen: Grazas. Despois díxenlle: Viaxabas moito? El díxome: Si, porque era condutor de máquinas, e como viaxaba polo monte...A miña esposa morreu hai moito, teño 2 fillos, un vive en Madrid e outro con el, chámome Antonio e vivo na Pobra do Caramiñal. 
Eu regaleille o meu debuxo, antes de marchar Antonio deume un bico e foise, despois foi como se un cacho do meu corazón deixara a Antonio nel, despois axudei a unha avoa a andar, e ela deume outro bico.

Entrada feita por Yamila.

lunes, 17 de diciembre de 2012

Lugares de Aguiño

Un dos temas nos que estivemos traballando durante este trimestre foi Aguiño e os lugares de Aguiño que máis nos gustan.
Na aula de informática, buscamos imaxes, gardámolas no noso ordenador, e fixemos un documento no que incorporamos esas imaxes e puxémoslle texto.
Despois, enviámoslle os nosos documentos á profe por correo, e ela xuntounos todos.
Aquí vos quedan, en forma de libro.