martes, 10 de marzo de 2015

Gráficas dos sectores laborais a partir da enquisa

Hai uns días, levamos unha enquisa sobre o traballo para facerlle á xente da nosa familia ou da veciñanza.
Despois, na clase, estivemos traballando un pouco cos datos, organizándoos en táboas e facendo con eles gráficas, que nos axudan a ver dun golpe de vista a información máis básica.
Por exemplo, cal é o sector laboral no que traballan máis homes ou máis mulleres. Cos datos obtidos, as gráficas respectivas son estas:


Como vemos, o sector primario ten especial incidencia nos homes, mentres que o sector terciario é o que predomina nos traballos das mulleres.
Tamén miramos se o traballo realizado era ou non remunerado. O traballo non remunerado é realizado case sempre por mulleres. A gráfica é esta:
Outra das preguntas era que cousa lle gustaba á xente máis do seu traballo, e que cousa menos. Con ese dato non se poden facer gráficas, pero si que fixemos unha nube de palabras, na que sae máis grande aquelo que se repite máis veces.
O que máis lle gusta á xente de Aguiño que realizou a enquisa podemos velo nesta nube de palabras:



Tamén hai cousas desagradables no noso traballo...e tamén esas quedaron recollidas nunha nube de palabras que fixemos entre todo o grupo:


Agora sabemos un pouco máis sobre os sectores laborais, o que significa cada un, e cales teñen máis peso na nosa localidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario