miércoles, 1 de abril de 2015

Cartas a Neira Vilas

Durante os últimos días, estivemos lendo o libro de Xosé Neira Vilas "Espantallo amigo".
No libro cóntasenos a historia dun espantallo que vive colgado dunha figueira, coa misión de defendela contra os ataques dos merlos. Pero o espantallo vaise facendo amigo, non só dos merlos, senón tamén do can, do gato e dos rapaces. E paro de contar...quen queira saber máis que lea o libro!

Neira Vilas, co seu libro "Espantallo amigo"
A raíz da lectura, ocorréusenos que tal vez estaría ben escribirlle cartas a Xosé Neira Vilas, contándolle as nosas impresións sobre o libro.
Aquí vos deixo algunhas das enviadas:

Ola somos Bea e Laura, alumnas de cuarto de primaria do colexio C.E.I.P Heroinas de Sálvora en Aguiño.
Gustounos moito o teu libro de "Espantallo amigo" e queremos ler moitos libros máis teus.
Querémosche preguntar por que puxeches a Moncho no conto, porque só aparece nunha folla.
Chao,esperamos que esteas ben.


Ola Xosé Neira Vilas!

Nós somos Lucia e Luis, dous nenos de Aguiño.
Estudiamos no colexio CEIP Heroínas de Sálvora. 
Lemos o seu libro chamado Espantallo amigo.
Gustáronnos moito as rimas e as personaxes. 
Grazas ao seu libro, aprendemos moitas palabras novas. 
Gustaríanos moito saber máis cousas sobre o seu libro:
Por que o espantallo morre ao final?
En que se inspirou  para   facer o seu   libro?
Esperamos non molestalo  e agradeceriamos a sua   resposta.
Bicos e un saúdo de Luis e Lucía


Ola Xosé Neira Vilas, chamámonos Marco e Jenni e imos no colexio de Aguiño.
Gustounos moito o teu libro,e tamén nos gustaron moito as túas rimas.
¿A que anos empezaches a escribir?, ¿ Ainda  segues escribir ou deixáchelo? ¿A que anos empezaches a facer o teu libro? 

                                               GRAZAS POR LER A NOSA CARTA 
                                                             Un saúdo

                                                 Marco  e Jenni     


Ola Xosé Neira Vilas somos Ana e Flora e imos ao colexio c.e.i.p. Heroinas de Sálvora de Aguiño.
Se non che importa imosche facer unha serie de preguntas:
-¿En que  te inspiraches para o libro do "Espantallo amigo"?
- ¿É verdade que soñaches co espantallo amigo?
-¿Gústache a poesía?
Bueno estas foron as preguntas que queriamos facerche, tamén queriamos dicirche que nos gustou moito o libro do "Espantallo amigo" e grazas a el aprendemos moitas palabras como por exemplo: bufar , guindar , galla...
                         
    Un saúdo Ana e Flora

Ola Xosé Neira Vilas:somos dous rapaces de cuarto do C.E.I.P Heroínas de Salvora, de Aguiño chamados Juanma e Nazaret.
Gustaríanos saber algunhas cousas do teu libro "O Espantallo Amigo":
Por que fixeches tan curto o teu libro?
Por que o final é tan triste?
E verdade que tiveches un soño co espantallo amigo e por iso fixeches o libro?
O final gustounos moito ainda que fora moi triste porque o espantallo amigo axudaba a dous nenos pobres.
Un saúdo: Juanma e Nazaret de Aguiño.

O escritor tivo o detalle de responder as nosas cartas. Déixovos unha das súas respostas:
  Queridos Lucía e Luís:
  Alégrame que vos gustase o Espantallo, e que aprendésedes novas palabras, e que vos gustasen todos os personaxes. Este libro foi publicado en sete idiomas e foi representado en varios teatros de Francia e en 106 colexios dos arredores de París. Anda recorrendo Galicia e pode ir ó voso colexio se chamades a Xulio Amigo, Editorial Galaxia. Tl. 986 432100.
  O Espantallo morre porque é unha forma de entregarse ós demais. Tamén moitos homes e mulleres morreron e morren no mundo por loitar por cousas nobles e por facerlle o ben ós demais. Inspireime na necesidade da solidariedade humana.
  Cariños

Unha boa lección de solidariedade, a do espantallo, desde logo que si. 
Por suposto que iremos ao teatro ver a obra do amigo espantallo, Xosé!





No hay comentarios:

Publicar un comentario