Como sabedes, a semana pasada estivemos en Ribeira. Visitamos o Centro de dia do Alzhéimer e fomos ao teatro ver a obra dos Quinquilláns "Espantallo amigo", baseada no libro de Xosé Neira Vilas. Tamén fomos ver a Feira da educación.
Déixovos aquí as fotos da visita ao Centro de día.
Nos vindeiros días iremos poñendo entradas coas súas narracións sobre como viviron ese día, e o resto das fotos.
Mostrando entradas con la etiqueta Neira Vilas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Neira Vilas. Mostrar todas las entradas
martes, 28 de abril de 2015
miércoles, 1 de abril de 2015
Cartas a Neira Vilas
Durante os últimos días, estivemos lendo o libro de Xosé Neira Vilas "Espantallo amigo".
No libro cóntasenos a historia dun espantallo que vive colgado dunha figueira, coa misión de defendela contra os ataques dos merlos. Pero o espantallo vaise facendo amigo, non só dos merlos, senón tamén do can, do gato e dos rapaces. E paro de contar...quen queira saber máis que lea o libro!
A raíz da lectura, ocorréusenos que tal vez estaría ben escribirlle cartas a Xosé Neira Vilas, contándolle as nosas impresións sobre o libro.
Aquí vos deixo algunhas das enviadas:
Chao,esperamos que esteas ben.


Ola Xosé Neira Vilas!
Ola Xosé Neira Vilas, chamámonos Marco e Jenni e imos no colexio de Aguiño.
Ola Xosé Neira Vilas somos Ana e Flora e imos ao colexio c.e.i.p. Heroinas de Sálvora de Aguiño.
Se non che importa imosche facer unha serie de preguntas:
-¿En que te inspiraches para o libro do "Espantallo amigo"?
- ¿É verdade que soñaches co espantallo amigo?
-¿Gústache a poesía?
Bueno
estas foron as preguntas que queriamos facerche, tamén queriamos
dicirche que nos gustou moito o libro do "Espantallo amigo" e grazas a
el aprendemos moitas palabras como por exemplo: bufar , guindar ,
galla...
Un saúdo Ana e Flora
Ola Xosé Neira Vilas:somos dous rapaces de cuarto do C.E.I.P Heroínas de Salvora, de Aguiño chamados Juanma e Nazaret.
O escritor tivo o detalle de responder as nosas cartas. Déixovos unha das súas respostas:
O Espantallo morre porque é unha forma de
entregarse ós demais. Tamén moitos homes e mulleres morreron e morren no
mundo por loitar por cousas nobles e por facerlle o ben ós demais.
Inspireime na necesidade da solidariedade humana.
Cariños
No libro cóntasenos a historia dun espantallo que vive colgado dunha figueira, coa misión de defendela contra os ataques dos merlos. Pero o espantallo vaise facendo amigo, non só dos merlos, senón tamén do can, do gato e dos rapaces. E paro de contar...quen queira saber máis que lea o libro!
![]() |
| Neira Vilas, co seu libro "Espantallo amigo" |
Aquí vos deixo algunhas das enviadas:
Ola somos Bea e Laura, alumnas de cuarto de primaria do colexio C.E.I.P Heroinas de Sálvora en Aguiño.
Gustounos moito o teu libro de "Espantallo amigo" e queremos ler moitos libros máis teus.
Querémosche preguntar por que puxeches a Moncho no conto, porque só aparece nunha folla.Gustounos moito o teu libro de "Espantallo amigo" e queremos ler moitos libros máis teus.
Ola Xosé Neira Vilas!
Nós somos Lucia e Luis, dous nenos de Aguiño.
Estudiamos no colexio CEIP Heroínas de Sálvora.
Lemos o seu libro chamado Espantallo amigo.
Gustáronnos moito as rimas e as personaxes.
Grazas ao seu libro, aprendemos moitas palabras novas.
Gustaríanos moito saber máis cousas sobre o seu libro:
Por que o espantallo morre ao final?
En que se inspirou para facer o seu libro?
Esperamos non molestalo e agradeceriamos a sua resposta.
Bicos e un saúdo de Luis e Lucía
Ola Xosé Neira Vilas, chamámonos Marco e Jenni e imos no colexio de Aguiño.
Gustounos moito o teu libro,e tamén nos gustaron moito as túas rimas.
¿A que anos empezaches a escribir?, ¿ Ainda segues escribir ou deixáchelo? ¿A que anos empezaches a facer o teu libro?
GRAZAS POR LER A NOSA CARTA
Un saúdo
Marco e Jenni


Ola Xosé Neira Vilas somos Ana e Flora e imos ao colexio c.e.i.p. Heroinas de Sálvora de Aguiño.

Ola Xosé Neira Vilas:somos dous rapaces de cuarto do C.E.I.P Heroínas de Salvora, de Aguiño chamados Juanma e Nazaret.
Gustaríanos saber algunhas cousas do teu libro "O Espantallo Amigo":
Por que fixeches tan curto o teu libro?
Por que o final é tan triste?
E verdade que tiveches un soño co espantallo amigo e por iso fixeches o libro?
O final gustounos moito ainda que fora moi triste porque o espantallo amigo axudaba a dous nenos pobres.
Un saúdo: Juanma e Nazaret de Aguiño.
O escritor tivo o detalle de responder as nosas cartas. Déixovos unha das súas respostas:
Queridos Lucía e Luís:
Alégrame
que vos gustase o Espantallo, e que aprendésedes novas palabras, e que
vos gustasen todos os personaxes. Este libro foi publicado en sete
idiomas e foi representado en varios teatros de Francia e en 106
colexios dos arredores de París. Anda recorrendo Galicia e pode ir ó
voso colexio se chamades a Xulio Amigo, Editorial Galaxia. Tl. 986
432100.
Unha boa lección de solidariedade, a do espantallo, desde logo que si.
Por suposto que iremos ao teatro ver a obra do amigo espantallo, Xosé!
Por suposto que iremos ao teatro ver a obra do amigo espantallo, Xosé!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
