Vistes que bonito quedou o muro do noso cole? Pois nós tamén participamos da tarefa de poñelo guapo.
A semana pasada houbo un obradoiro de graffiti, no que unha profe que se
chama Sara nos explicou como se traballa esa técnica, ao tempo que
experimentamos con ela.
Peixe a peixe, cuncha a cuncha, serea a serea, o muro quedou feito un mar de beleza!
Pinchando na foto, accededes a unha chea delas.
Mostrando entradas con la etiqueta obradoiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta obradoiro. Mostrar todas las entradas
jueves, 14 de mayo de 2015
miércoles, 6 de mayo de 2015
Facemos esculturas con Jontxu
O escultor aguiñense Jontxu Argibay leva varios días impartindo obradoiros de escultura para o alumnado dos distintos niveis do noso Centro.
A semana pasada tocoulle á nosa clase.
Trouxemos cadansúa caixa con area (non vos preocupedes, que nada máis rematar o traballo a area volverá para o sitio onde a collemos), e, despois de mollala, deixamos nela a marca da nosa man. Despois, enchemos o espazo restante da caixa con escaiola, que fomos preparando a medida que a fomos precisando.
Agora estamos esperando que acabe de secar (por favor, que non chova máis!), para poder levar as nosas esculturas para casa. Que ganas temos de velas!
Mentres, tendes que conformarvos coas fotos do proceso...As outras, para a próxima semana.
Grazas, Jontxu!

![]() |
| Na area mollada, deixamos a pegada da nosa man |
Agora estamos esperando que acabe de secar (por favor, que non chova máis!), para poder levar as nosas esculturas para casa. Que ganas temos de velas!
Mentres, tendes que conformarvos coas fotos do proceso...As outras, para a próxima semana.
Grazas, Jontxu!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)