martes, 26 de febrero de 2013

COMO NOS COMPORTAMOS NA CLASE


O outro día estivemos falando na clase dos nosos comportamentos menos adecuados. Despois de reflexionar sobre o tema, pareceunos que as cousas que facemos mal e deberíamos cambiar son estas:
  1. Non respectamos a quenda  de palabra
  2. Berramos moito.
  3. Cotorreamos cos  compañeiros cando hai que traballar ou escoitar.
  4. Enredamos  coas cousas en vez de atender.
  5. Rímonos dos compañeiros cando fallan.
  6. Insultamos e falamos ao respecto.
  7. Pelexamos.
  8. A veces non perdoamos.
  9. Chivámonos.
  10. Ferimos os sentimentos dos demais.

viernes, 8 de febrero de 2013

Uns entroidos con moita ciencia


Hoxe o cole estaba cheo de batas brancas. Parecía un Congreso da Ciencia!
Por obra e gracia de Don Entroido, deixamos por un anaco a nosa vida real, e convertémonos nun grupo de científic@s do máis variopinto. Había quen se adicaba a investigar os animais, quen optaba pola auga, o sangue...
Fixádevos nas imaxes, como compartimos os nosos saberes co resto do grupo, co entusiasmo propio de mentes privilexiadas como as nosas.
Como se enteren da revista Investigación e Ciencia, veñen aquí para captar "cerebros"!!!
 

jueves, 7 de febrero de 2013

Excursión á Pedra das Cabras



Hoxe fomos de excursión.Pasámolo moi ben .Primeiro fomos no bus,o resto do camiño fomos andando.Despois chegamos ao medio do camiño e había un río  pero había unha táboa e puidemos pasar.
E por fin vimos a Pedra das Cabras.Despois de vela fomos polo camiño e collemos o bus. Despois sen saír do bus vimos o menhir. E despois fomos ver o dolmen de Axeitos,entramos dentro do dolmen. E fomos xogar e vimos un lagarto e Víctor colleuno coa man. Despois subimos no bus e fomos para a escola.
O que máis me gustou foi a Pedra das Cabras, porque a fixeron os nosos antepasados. 

viernes, 11 de enero de 2013

Titiricircus

Antes das vacacións, fomos a Ribeira ver unha obra de títeres.
Fumos en autobús a ver Titiricircus.
Había unha serpe que se chamaba Josefina.
Tamén un forzudo que se chamaba Bigotini.
E Palindranati, que era un faquir.
Tamén Tato e Venancio.
Aquí vos deixamos as fotos para que as vexades.

lunes, 17 de diciembre de 2012

Lugares de Aguiño

Un dos temas nos que estivemos traballando durante este trimestre foi Aguiño e os lugares de Aguiño que máis nos gustan.
Na aula de informática, buscamos imaxes, gardámolas no noso ordenador, e fixemos un documento no que incorporamos esas imaxes e puxémoslle texto.
Despois, enviámoslle os nosos documentos á profe por correo, e ela xuntounos todos.
Aquí vos quedan, en forma de libro.

martes, 11 de diciembre de 2012

Apertas para Malala

Malala é unha nena  de 14 anos que queria  ir  ao  colexio en Paquistan  e disparáronlle  na  cabeza cando ía ao colexio.
Nós esperamos  que Malala  teña  o  Premio   Nobel  da  paz.
Fixemos unha  mensaxe  para Malala.
Aquí vola  deixamos

martes, 4 de diciembre de 2012

Cosemos en clase

Na clase de atención educativa  cosemos porque nos gusta, é moi divertido.
E estivemos cosendo bolsiños e botóns.