O outro día, na clase, fixemos un experimento sobre o equilibrio.
Para facelo, precisamos:
- Un tapón de cortiza
- Dous alfinetes
- Dous paus para facer brochetas
- Unha superficie estreita e un pouco alta
Para que o noso equilibrista faga un bo papel, é preciso poñerlle os "brazos" bastante abaixo, para que leven o centro de gravidade do conxunto máis abaixo do punto de apoio (os alfinetes).
É cuestión de ir probando.
Divertímonos moito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario