Pincha na imaxe para ver máis |
Bueno, en realidade o experimento comezou hai xa uns días.
Metemos dous ósos de polo en líquido: un, nun cacharro con auga; o outro, nun cacharro con vinagre.
Antes, medímolos, observamos a súa cor e a súa textura. E fixemos hipóteses acerca do que pasaría con cada un dos ósos. Medrarán? Cambiarán de cor ou de tamaño? Cambiará a súa textura ou brillo?
No medio da semana cambiámoslle o líquido, e hoxe, ao pasar unha semana enteira, sacamos os ósos dos líquidos e vimos o que pasaba.
O óso que estaba na auga non cambiou: tiña o mesmo aspecto, tamaño e textura que hai 7 días.
Pero o óso que estaba no vinagre...volveuse brando!
De novo tratamos de buscarlle unha explicación a por que pasaba isto. Como non dábamos topado o motivo, a profe explicounos que os ósos teñen moito calcio, e o vinagre é un ácido que o desgasta. O calcio é o que fai que os ósos sexan duros, así que, ao perdelo, perden a dureza, e parecen de goma.
Xa sabes, se queres ter uns ósos ben duros...toma alimentos que conteñan calcio!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario