Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta historia. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de enero de 2015

Unha de barcos


http://es.padlet.com/acatromans/barcos


Estes últimos días, na clase de Coñe, estivemos traballando un pouco a historia da navegación.
Vimos un montón de tipos de embarcacións, desde as máis primitivas, feitas con troncos ocos ou feixes de pólas, ata as máis sofisticadas que existen na actualidade, como o Planet Solar, un barco que foi quen de dar a volta ao planeta utilizando só enerxía solar.
Buscamos imaxes e información sobre candasúa embarcación, e fixemos un Padlet con toda esa información.
Queres velo? Pincha na imaxe!

viernes, 12 de diciembre de 2014

A liña do tempo

Nas últimas semanas, estivemos traballando na liña do tempo.
A nosa investigación sobre a historia empezou aquí mesmo, en Aguiño. Buscamos pegadas históricas ou sucesos importantes ocorridos na nosa localidade, pescudamos en que momento ocorreron, e fixemos pequenas tarxetas cos datos máis importantes, que colocamos na liña do tempo que temos na clase.
Aí están, por exemplo, o muelle da Covasa, o desastre do Prestige, diversos naufraxios, e, como non, o naufraxio do Santa Isabel e a heroica actuación das Heroínas de Sálvora, xunto con moitas outras persoas da illa e da zona.
Logo, escollemos unha serie de personaxes e sucesos da historia, ocorridos en distintos séculos, e seguimos o mesmo proceso.
As Idades da Historia na liña do tempo
Por último, estivemos traballando sobre unha serie de mulleres relevantes na historia, ben porque xogaron un papel moi importante na política do seu país, ou pola súa loita en defensa de distintas causas. Así, vimos que houbo mulleres que encabezaron revoltas contra impostos inxustos, como María Castaña; outras que defenderon a igualdade das mulleres, como Clara Campoamor; algunhas, como Harriet Tubman, tiveron un importantísimo papel na loita contra a escravitude; outras, como Rosa Parks, conseguiron, con pequenos xestos e loitas pacíficas, cambiar leis marxinadoras; soubemos dos descubrimentos de vital importancia para a humanidade de  Marie Curie; coñecemos a loita de Jane Goodall para protexer os chimpancés; ou a de Vandana Shiva e Wangari Maathai para protexer a terra e as árbores.
Todas elas foron quedando, a modo de papeliños, na nosa liña do tempo.
E, pouco a pouco, imos aprendendo a ubicarnos no territorio da Historia, de todo o pasado que as xeracións anteriores viviron antes de chegar nós.