Mostrando entradas con la etiqueta Heroínas de Sálvora. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Heroínas de Sálvora. Mostrar todas las entradas

viernes, 12 de diciembre de 2014

A liña do tempo

Nas últimas semanas, estivemos traballando na liña do tempo.
A nosa investigación sobre a historia empezou aquí mesmo, en Aguiño. Buscamos pegadas históricas ou sucesos importantes ocorridos na nosa localidade, pescudamos en que momento ocorreron, e fixemos pequenas tarxetas cos datos máis importantes, que colocamos na liña do tempo que temos na clase.
Aí están, por exemplo, o muelle da Covasa, o desastre do Prestige, diversos naufraxios, e, como non, o naufraxio do Santa Isabel e a heroica actuación das Heroínas de Sálvora, xunto con moitas outras persoas da illa e da zona.
Logo, escollemos unha serie de personaxes e sucesos da historia, ocorridos en distintos séculos, e seguimos o mesmo proceso.
As Idades da Historia na liña do tempo
Por último, estivemos traballando sobre unha serie de mulleres relevantes na historia, ben porque xogaron un papel moi importante na política do seu país, ou pola súa loita en defensa de distintas causas. Así, vimos que houbo mulleres que encabezaron revoltas contra impostos inxustos, como María Castaña; outras que defenderon a igualdade das mulleres, como Clara Campoamor; algunhas, como Harriet Tubman, tiveron un importantísimo papel na loita contra a escravitude; outras, como Rosa Parks, conseguiron, con pequenos xestos e loitas pacíficas, cambiar leis marxinadoras; soubemos dos descubrimentos de vital importancia para a humanidade de  Marie Curie; coñecemos a loita de Jane Goodall para protexer os chimpancés; ou a de Vandana Shiva e Wangari Maathai para protexer a terra e as árbores.
Todas elas foron quedando, a modo de papeliños, na nosa liña do tempo.
E, pouco a pouco, imos aprendendo a ubicarnos no territorio da Historia, de todo o pasado que as xeracións anteriores viviron antes de chegar nós.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Visita ao auditorio

Esta semana fomos a Ribeira, ver unha exposición que hai no Auditorio.
A exposición chámase: "Emigración, traxedia, heroísmo", e trata sobre o naufraxio do Santa Isabel e a xenerosidade e valentía das persoas de Sálvora que foron auxiliar os náufragos.
Durante a exposición tiñámonos que fixar ben e buscar algúns datos para logo cubrir unha ficha que nos deu a profe.
Portámonos xenial, traballamos moitísimo, e ademais...pasámolo ben!
Queres ver fotos? Aquí che quedan:
Pincha na imaxe para ver todas as fotos
Pincha na imaxe para ver todas as fotos