miércoles, 15 de octubre de 2014

Deporte e diversidade funcional

Traballando sobre o deporte descubrimos un montón de cousas.
Que a todas e todos nos gusta practicar algún, e tamén disfrutar vendo a persoas que o fan moi ben nese deporte.
Que o deporte ten moitos beneficios para a nosa saúde, tanto física como mental. E axuda a facer amizades!
Que en cada deporte hai varias modalidades, algunhas para practicar en equipo e outras en solitario.
E que non é necesario ter un "corpo 10" para practicar deporte: calquera persoa pode, e hai deportes para tódolos gustos e niveis para todos os corpos. As persoas con algunha discapacidade física son un excelente exemplo de que o deporte é cousa de tod@s. E son, ademais, un estupendo exemplo a imitar de constancia, capacidade de esforzo, e superación.
https://plus.google.com/photos/111418313351595345208/albums/6070507326970223089/6070507764507611938?pid=6070507764507611938&oid=111418313351595345208

Aquí vos deixo unha recompilación de imaxes sobre deporte e diversidade que o alumnado deste grupo buscou na rede, enviádomas por correo para que eu fixese a recompilación.
E ti, a que esperas para poñerte en marcha e practicar un deporte? :-)

viernes, 10 de octubre de 2014

Os deportes que nos gustan

Durante os últimos días, fixemos un traballo, primeiro na nosa libreta e despois na aula de informática, sobre os deportes que nos gustan.
Podedes ver aquí a recompilación de todos eles:

O noso deporte favorito

Gústanvos?

miércoles, 8 de octubre de 2014

O corpo en movemento

Aproveitando que en Coñecemento do Medio estamos a traballar o aparato locomotor, na clase de Plástica fixemos un traballo sobre o corpo en movemento.
Primeiro, fixemos "monigotes" en distintas posturas, fixándonos sempre na posición das articulacións en cada unha das posturas.
Así:

Despois, a partir dun deses monigotes, fixemos traballamos con ceras e pintura diluída. A idea era comunicar a sensación de movemento, e outras sensacións que podemos expresar a través do corpo (alegría, tristeza...).
As nosas creacións podedes velas pinchando na imaxe de arriba.
A ver se vos gusta!

viernes, 12 de septiembre de 2014

De volta!


Estamos de volta. 
Con algúns cambios: dentes que se foron, dentes que viñeron de volta, corpos máis altos, pel máis tostada, caras novas...
Empeza un novo curso, e aquí vimos con ilusión para ver que nos trae.
Como sempre, irei colgando no noso blogue as ligazóns ás actividades relacionadas co que iremos traballando nas distintas materias. Se atopades algunha que vos pareza interesante...non dubidedes en enviarma!
E recordade: o vindeiro martes, día 16, ás 6 da tarde, teremos reunión na nosa aula, para falar un pouco do que imos traballar, das normas a observar, das vosas dúbidas ou suxestións...Sede puntuais: respectemos o tempo das demais persoas.

Espérovos alí!

viernes, 13 de junio de 2014

Os nosos traballos sobre a Idade Media

Durante este trimestre que xa remata (o tempo voa!), estivemos a traballar na clase de coñe sobre a Idade Media.
De todo o que fomos aprendendo entre Edilims, consultas en internet, vídeos, traballos elaborados por nós...estivemos facendo un traballo na aula de informática.
Tratábase de resumir o que tiñamos aprendido sobre o tema, e ilustralo con tres fotos que se correspondesen con tres temas que se citasen no documento.
Este é o resultado do noso traballo.
Pinchando no cadradiño superior dereito, podedes velo a toda pantalla.
Agardo que saibades apreciar o esforzo que hai detrás de cada unha das nosas composicións!

Visita a Carboeiro



Chegada a Carboeiro
Onte fomos ao Mosteiro de Carboeiro, que se encontra en Silleda. A min a visita gustoume moito.
O noso guía chamábase Xesús. Ao principio demos unha volta arredor do Mosteiro e paramos onde había un río case ao lado do Mosteiro, explicounos que os monxes tiñan: pombal, leiras, un río para pescar as troitas, escritorio, igrexa, dormitorios, etc...
Tamén nos estivo explicando que os mosteiros sempre se facían cara o leste, cara onde saía o Sol.
Despois subimos por un sitio para chegar ata onde estaba o Mosteiro, había como unha data do día que se formou e estaba escrita con letras e números romanos.
Despois Xesús ensinounos a entrada, que tiña arcos de medio punto moi bonitos, onde había unhs anxos cantando e unhas flores moi bonitas, pero había algúns anxos que non tiñan cabeza, e díxonos que algunha persoa as quitara. Máis abaixo debería haber unhas figuras, pero non estaban porque as levara a muller de Franco.
Logo fixemos un xogo que consistía en que cunha man collías o espello e poñíalo sobre o nariz, e ías andando mirando cara o teito, foi moi divertido.
Despois fomos merendar e xogar un pouco, e despois fixemos o caderno que nos dera Xesús; entón cando acabamos xogamos e fomos para comer. Eu senteime a comer con Flora, con Laura, con Ana, con Marta e con Beatriz. Cando acabamos de comer fomos coller os xelados, e a min como me sobraba collín Chasquis, fun para un sitio onde había un río e vin a un neno de 4º chamado Gabriel. Despois fomos ao bus coller as botellas de auga, eu collín a miña botella. Collémolas porque iamos ir dende alí ata "As fervenzas do Toxa". Eu ía na 2ª fila con Juanma e Sergio. Cando iamos andando, Juanma pediume auga, porque el xa a gastara, despois botoulle un pouco ás plantas que había nas hortas. Máis adiante viu anís e dixo:
-Hai anís- e púxose a coller.
Despois estivenme rindo e falando con Sergio mentres Juanma nos alcanzaba. Ao chegar senteime nunha mesa, pero despois díxonos Xesús que fósemos por un camiño. Cando fomos polo camiño para ver mellor a fervenza, Xesús ensinounos que a fervenza do Toxa é a máis grande de Galiza.
Despois fomos cara onde estaba o bus, e puxémonos a merendar, e cando acabamos de merendar fomos para Aguiño, mentres chegábamos estivemos xogando a "atrevemento ou verdade".
Eu paseino moi ben, a min gustoume todo.

Traballo feito por Yamila

viernes, 6 de junio de 2014

Carboeiro




https://plus.google.com/photos/106764338498479463641/albums/6021926315871950641
Pincha na imaxe e verás todas as fotos da excursión
Onte fomos de excursión a Carboeiro.
Ao principio, cando iamos de camiño eu fun con Sergio e foi moi divertido.
Xesús, o noso guía, explicounos moitas cousas sobre o mosteiro de Carboeiro.
O sitio onde comemos estaba moi ben, tiña bancos de madeira, bancos de pedra, máquinas de deporte, un chiringuito e ata uns fogóns.
A parte que menos me gustou foi cando fomos por costas empinadas que cansaban e estaban cheas de pedras.
O mellor foi ir no autobús. Xesús deunos un libro pequeno de exercicios da Idade Media. En resumo, a excursión gustoume.

Traballo feito por Juanma.