A semana pasada fomos á exposición de Heroínas de Sálvora. Fomos os nenos de cuarto e os de terceiro.
Pilar, a guía, foinos explicando que era cada cousa. Tiña tres partes, a primeira explicaba como foi a traxedia, a segunda, as maquetas do Santa Isabel, e a terceira das Heroínas.
A min encantoume, porque nos explicou todos os detalles. Tamén me gustou cando fomos no autobús, porque fun atrás de todo, é o meu sitio preferido.
Traballo feito por Marta.
miércoles, 10 de diciembre de 2014
Exposicion do Santa Isabel
A semana pasada, os alumnos de terceiro e mais nós, fomos pola mañá ver a exposición das "Heroínas de Sálvora", a exposición era en Ribeira, e acompañáronnos a miña profe Nela e a profe de terceiro, Manola.
Tiña catro partes, unha que falaba como se montou o barco, outra falaba un pouco de como era por dentro, noutra podíase observar en maquetas como era o barco e na última falaba das Heroínas.
A min gustáronme moito as fotos das Heroínas, tamén me encantaron as maquetas dos barcos, pero o que máis me gustou foi o camarote montado. Non me gustou moito Pilar a guía, porque cansáronseme as pernas e non era capaz de sentarme ás escondidas. Olvidábaseme que me gustou moito ir con Ana no autobús, porque falamos de Furbys e doutras cousas que xa son un pouco privadas.
Traballo feito por Antía

Visita a exposición do Santa Isabel.
O pasado mércores, os nenos de 3º e 4º fomos de excursión á exposición de "As Heroínas de Sálvora: emigración, traxedia e heroísmo", en Ribeira.
Consistía en ensinarnos as partes do Santa Isabel, onde se construíu, onde ían os emigrantes, algunhas cousas con que o construíron e os restos que quedaron. Tiña tres partes, a primeira parte era onde nos explicaban as partes que tiña o barco, e moitos datos sobre o Santa Isabel, pero tamén había moitas ferramentas coas que se fixo, e onde, pero tamén en que ano. A segunda parte tiña as maquetas e as partes que quedaron do Santa Isabel, tamén tiña os nomes dos tripulantes e dos pasaxeiros que faleceron. A terceira parte tiña as medallas, os xornais e algunhas imaxes sobre como se foi facendo o Santa Isabel.
O que máis me gustou foi cando vimos as partes que quedaron do Santa Isabel, o que menos me gustou foi cando nos tivemos que deitar para escribir no chan, pero á parte disto paseino moi pero que moi ben.
Traballo feito por Flora.

viernes, 5 de diciembre de 2014
Visita ao auditorio
Esta semana fomos a Ribeira, ver unha exposición que hai no Auditorio.
A exposición chámase: "Emigración, traxedia, heroísmo", e trata sobre o naufraxio do Santa Isabel e a xenerosidade e valentía das persoas de Sálvora que foron auxiliar os náufragos.
Durante a exposición tiñámonos que fixar ben e buscar algúns datos para logo cubrir unha ficha que nos deu a profe.
Portámonos xenial, traballamos moitísimo, e ademais...pasámolo ben!
Queres ver fotos? Aquí che quedan:

| Pincha na imaxe para ver todas as fotos |
viernes, 7 de noviembre de 2014
Os nosos Senecios
Senecio é un cadro de Paul Klee, no que o rostro humano se traballa a partir da cor e dalgúns elementos xeométricos.
Na clase de plástica estivemos traballando sobre el.
Se pinchas na ilustración do cadro orixinal de Klee, podes ver os nosos traballos.
Gústanche?
Na clase de plástica estivemos traballando sobre el.
Se pinchas na ilustración do cadro orixinal de Klee, podes ver os nosos traballos.
jueves, 6 de noviembre de 2014
Chamada ao museo (Inventamos diálogos)
--Ola, este é o museo Furringluguenflaguenfurringeleirez?
--Si, señor, eu son o xefe do museo e chamome Barridaxel. E vostede?
--Eu chámome Galopedo Mocofresco.
--Bueno, haberá unha exposición de dinosauros, non?
--Si señor.
--Canto diñeiro tería que pagar?
--Uns cincuenta euros.
--Xenial, e a que hora?
--Das catro da tarde ás oito da tarde.
--Vale, chao.
Traballo de Juanma.
viernes, 31 de octubre de 2014
Obxectos que cobran vida
O outro día na clase de galego estivemos lendo un fragmento de "Lía e as zapatillas de deporte", que é un libro da escritora María Reimóndez.
Nese fragmento aparecían unhas zapatillas de deporte que de pronto cobraban vida, e comezaban a falar con Lía, a protagonista.
E pensamos...que pasaría se obxectos que temos arredor cobrasen vida? A que cousa nos gustaría que lle pasase iso, e que nos gustaría que fixese?
Aquí tendes o resultado das nosas elucubracións:
Laura
María José

![]() |
| E se o meu boli cobrase vida??? |
Aquí tendes o resultado das nosas elucubracións:
Unha figura de Pokemon
O que fai é ensinarme os seus mundos e
faime sentir o que el sentiu alí.
Ademais el ensíname os seus ataques.
David
Gustaríame que cobrase vida
o meu lapis ou o meu boli para que me faga os deberes.
Irene
Eu quero que cobre vida o
boli, así escribe el os deberes.
Jennifer
Gustaríame que cobrase vida
miña caixiña de musica .Cada vez que estou triste miña caixiña
sempre me fala e me consola.
Laura
O meu obxecto que cobra vida
é Don Pelucho, que camiña polo campo e fai maxia que converte todo
en almofadas máxicas que voan ata un mundo de Don Pelucho.
Marco.
Un boli, para que me faga os
deberes e os exercicios.
Bea
O meu obxecto que cobra
vida e o lapis ou o boli para que me fagan os deberes
María José
Gustaríame que cobrase
vida o meu peluxe de Bob Esponxa . Non fai nada, pero
gustaríame que cobrase vida para que me levase a Fondo de Bikyny
Marìa del Carmen Mato
É o meu boli e gustaríame
que cobrase vida para que me fixese os deberes.
Uxía
Que raro, o meu chourizo fala,que podo
facer para que cale? Vouno comer. Pero se o como, xa non teño
merenda, que podo facer? Mi ma tanto pensar xa me da fame. Bo e vou
comer o chourizo, ñam ñam ñam, está ben chourizo acabado. TIRIN
TIRINNN. Anda, o recreo mira ti, ai! teño fame vou comer o chourizo.
-Aaaaa Antia, Antia,Antia Antia teño
un problema grandisimo.
-E lo que che pasou?
-Pois que non sei onde esta o meu
chourizo falante.
-Como chourizo falante?
-Pois si o meu súper chourizo ibérico
ai ai ai!
-Tranquila
-Como vou estar tranquila, se me
quitaron ao meu fillo,ai ai ai que pena mais grande. Seguramente que
mo tiraron polo retrete a abaixo.
-Tranquila, onde foi a ultima vez que
o viches?
-Na miña boca.
-Ana, non o comerías?
-Ai si, fíxeno sen querer.
Ana
VASOIRA
E unha vasoira, con ela
pódese voar e varrer todo o mundo.
Víctor
LIBRETA
Me dixese as respostas
Sergio
Mateo
Samuel
Gustaríame que o meu boli, cobrase
vida para que me fixese os deberes e para que me fixese os problemas
do libro, e aínda mellor que me fixese os exames, pero non valería
porque xa os acabamos.
Mateo
A mín o que me gustaría
que cobrase vida seria o boligrafo , porque así eu non tería que
volver a tocar un.
Flora
O
meu estoxo de Monster High. Vende
lápis e gomas
Lucía
O que me gustaría que
cobrase vida e o meu osiño de peluche porque así pode protexerme
dos ladróns cos seus golpes e chaves de karate.
Samuel
O LAPIS
o lapis porque así fanse os
deberes sós...
E non tiña que facelos eu.
Lidia
O boneco
Un boneco cobra vida, fai
zapatos e vende o seu chaleco , e é moi pequeno. Tamén vende os
seus zapatos.
Nazareno
Nazareno
Eu teño unhas ás e a mín gustariame que cobrasen vida, para poder coñecer outros animais, tocar as nubes e viaxar por todo o mundo.
Yamila
É unha chave que ten patas e pode abrirche o coche sen que ti fagas nada. E tamén serve como lapis e pódeche facer os deberes e levarche mensaxes.
Marta
É un lapis para que me faga os deberes etc... e que nunca suspenda.
E asi non me quitarían a wii e o ordenador. E así poder estudar, xogar cando queira, e ver a tele na casa do meu primo.
Jorge

Gustaríame que o lapis
cobrase vida.
O lapis converteríase en
coitelo para combater o crime e levar regalos aos nenos necesitados
de todo o mundo, ademais cociña o que lle pidas.
Juanma Rey Patiño
O boli, para que me faga os deberes na clase e eu puidese descansar ou botar unha soneca un anaco, e nos exames superar todo e tivese un 10.
Antia Piñeiro Paz
Suscribirse a:
Entradas (Atom)