jueves, 29 de enero de 2015

Aula de plástica: regata.

 Aproveitando que na clase de Coñe traballamos o tema da evolución dos barcos a través da historia, en Plástica traballamos tamén sobre barcos.
Estivemos vendo diversas marinas sobre regatas (Signac, Theo van Rysselberghe, Monet...), e observando como estes autores representan a distancia usando un tamaño máis pequeno para os obxectos que están máis lonxe.
https://plus.google.com/u/0/photos/106764338498479463641/albums/6109729156497400977/6109729162109980770?pid=6109729162109980770&oid=106764338498479463641&authkey=CL32mMarsobMmgE

Despois, tomamos como modelo o cadro de Theo van Rysselberghe "Regata", que vedes na imaxe, e creamos a nosa propia composición partindo del.
Se pinchades no cadro dese pintor, podedes ver tamén os nosos.
Gústanvos?


martes, 27 de enero de 2015

Unha de barcos


http://es.padlet.com/acatromans/barcos


Estes últimos días, na clase de Coñe, estivemos traballando un pouco a historia da navegación.
Vimos un montón de tipos de embarcacións, desde as máis primitivas, feitas con troncos ocos ou feixes de pólas, ata as máis sofisticadas que existen na actualidade, como o Planet Solar, un barco que foi quen de dar a volta ao planeta utilizando só enerxía solar.
Buscamos imaxes e información sobre candasúa embarcación, e fixemos un Padlet con toda esa información.
Queres velo? Pincha na imaxe!

viernes, 23 de enero de 2015

Visita do meu pai e o pai de Uxia

O meu pai e o pai de Uxia viñeron darnos unha charla para saber máis das dornas.
Meu pai trouxo unha dorna de madeira chamada ´´Brétema ``, tamén trouxo unha gradella, a gradella servía para coller polbos.
A gradella é para recoller a liña coa que se colle o polbo

Logo fixémoslle preguntas, eu pregunteille:
-Que pasaría se rompese o timón?
Pero o máis gracioso foi cando lle rompeu o timón como eu dixen.

Traballo de Mateo

Os nosos pais dando unha charla

Hoxe ás 12:30 viñeron os nosos pais, o meu pai e o pai de Mateo. Paseino moi ben.
Todos fixeron preguntas, bueno casi todos fixeron preguntas. Eu preguntinlles moitas cousas, 5 ou 6.
Á raña hai que poñerlle un engado para que os polbos se agarren a ela

Meu pai parecía que tiña un pouquiño de vergoña,ji-ji-ji. Pero antes de todo presentamos aos nosos pais,  eu dixen:
 -O meu pai chamase José Manuel Pérez González.
E Mateo dixo:
 -O meu pai chamase Jose Antonio Arestín Campaña.
Eu estaba un pouco nerviosa, non sei por que. Encantoume!
Explicounos o que era a gradella.

Traballo de Uxía

domingo, 21 de diciembre de 2014

Liñas, ángulos e formas xeométricas

Na clase de matemáticas estivemos traballando as liñas e os ángulos. Aproveitamos para traballar tamén en plástica a partir deses elementos.
Primeiro, vimos algún cadro de Kandinsky no que utiliza formas xeométricas, liñas e ángulos como elementos básicos da composición. Como este:
Pincha para ver os nosos traballos


Despois, fixemos nós composicións inspirándonos nas de Kandinsky.
Podedes ver os nosos traballos pinchando na imaxe. Esperamos que vos guste!

jueves, 18 de diciembre de 2014

Árbores de outono

Inspirándonos no cadro de Kandinsky que aquí vedes, fixemos na clase de plástica unhas árbores de outono.
Pincha para ver os nosos traballos

Para pintar o fondo, utilizamos témperas. As follas de cores outonais fixémolas con cartolinas de distintas cores. 
Pinchando no cadro de Kandinsky, podes ver os nosos traballos.
Gústanvos?

viernes, 12 de diciembre de 2014

A liña do tempo

Nas últimas semanas, estivemos traballando na liña do tempo.
A nosa investigación sobre a historia empezou aquí mesmo, en Aguiño. Buscamos pegadas históricas ou sucesos importantes ocorridos na nosa localidade, pescudamos en que momento ocorreron, e fixemos pequenas tarxetas cos datos máis importantes, que colocamos na liña do tempo que temos na clase.
Aí están, por exemplo, o muelle da Covasa, o desastre do Prestige, diversos naufraxios, e, como non, o naufraxio do Santa Isabel e a heroica actuación das Heroínas de Sálvora, xunto con moitas outras persoas da illa e da zona.
Logo, escollemos unha serie de personaxes e sucesos da historia, ocorridos en distintos séculos, e seguimos o mesmo proceso.
As Idades da Historia na liña do tempo
Por último, estivemos traballando sobre unha serie de mulleres relevantes na historia, ben porque xogaron un papel moi importante na política do seu país, ou pola súa loita en defensa de distintas causas. Así, vimos que houbo mulleres que encabezaron revoltas contra impostos inxustos, como María Castaña; outras que defenderon a igualdade das mulleres, como Clara Campoamor; algunhas, como Harriet Tubman, tiveron un importantísimo papel na loita contra a escravitude; outras, como Rosa Parks, conseguiron, con pequenos xestos e loitas pacíficas, cambiar leis marxinadoras; soubemos dos descubrimentos de vital importancia para a humanidade de  Marie Curie; coñecemos a loita de Jane Goodall para protexer os chimpancés; ou a de Vandana Shiva e Wangari Maathai para protexer a terra e as árbores.
Todas elas foron quedando, a modo de papeliños, na nosa liña do tempo.
E, pouco a pouco, imos aprendendo a ubicarnos no territorio da Historia, de todo o pasado que as xeracións anteriores viviron antes de chegar nós.