Comparativa dos planetas do sistema solar. |
- Hai moitas estrelas.
- Hai moitos meteoritos.
- O Sol ten cinco cores, e xa pasou por dous.
- A Terra recibe a luz do Sol.
- En Marte hai un lago conxelado.
- En Marte hai vida.
- A Lúa sempre está redonda, aínda que ás veces a vexamos con outras formas.
- O Sol é unha estrela.
- A Terra tarda un día en dar unha volta arredor de si mesma.
- Hai unhas cousas que se chaman buratos de verme, que se metes neles unha nave espacial, sae por outro sitio, a un Universo paralelo.
- Os buratos de verme permítennos viaxar entre o espazo e o tempo. Hai unha persoa que foi por eles.
- A Lúa cando está pola metade, é que hai algo que a tapa.
- Hai unhas cousas que se chaman buratos negros, que marchan coa luz.
- Plutón considérase un asteroide. Non é un planeta, porque non lle chega a luz do Sol
- Hai un home que foi o primeiro de todos en pisar a Lúa.
- Todas as estrelas están feitas de lume.
- Saturno ten seis aneis, que son importantes para el, porque se os perde, caería.
- Iso de que se Saturno perde os aneis caería non pode ser, porque no espazo non hai gravidade, así que non pode caer.
- A Terra ten dous lados: cando nun é de día, no outro é de noite.
- Hai unhas cousas que se chaman meteoros ultralilas, e outras que se chaman meteoros amarelos. Os meteoros amarelos, se chocan contra o Sol, métense nun Universo paralelo.
- En Mercurio hai furados.
- Saturno o que ten non son aneis, son como pedras que están en órbita arredor del.
- Cando imos nun avión, se saímos para fóra sen traxe espacial, podemos flotar na gravidade, e morremos.
- No espazo non existe osíxeno, pero a capa de ozono dános osíxeno.
- Se estás arriba, é como se houbese un imán que te leva aínda máis para arriba.
- As estrelas están feitas de po.
- O meteorito que destruíu os dinosauros chamábase Big Bang 1.
- O primeiro home que estivo no espazo estivo tres anos, e non envelleceu nada; pero cando volveu, aquí pasara moito tempo, e a xente envellecera, e a súa familia xa morrera toda.
- A primeira en ir ao espazo foi Laika, unha cadela.
- Se se destrúe o Universo, destrúense todos os planetas, e nós tamén morremos.
Pero aínda queremos saber moito máis. Cando a profe nos preguntou que era o que queríamos saber, saíu un listado enorme, e con algunhas cousas bastante complicadas... Queremos saber todo isto:
- Hai vida no Sol?
- Cantos anos (exactamente) vai estar a Terra dando voltas arredor do Sol?
- Queremos estudar ben os meteoros ultralilas e amarelos.
- Cal é o planeta que está máis cerca do Sol?
- Que é unha estrela fugaz?
- Como se creou o Sol? De que está feito? Que hai no seu interior?
- Como se formou o Universo?
- Foi deus quen creou o Universo e o Sol? E daquela deus, de onde saíu?
- Existe Deus, ou non?
- Cantos países hai na Terra?
- Que son os buratos de verme?
- Cal é a causa da gravidade?
- Por que se formou a tormenta "Hexágono"?
- Que pasa con Plutón? Por que agora xa non é un planeta?
- Que pasaría con Saturno se se separase dos seus aneis?
- Que pasaría se un meteorito chocase cun volcán?
- Como se formou a Terra?
- Por que no espazo non hai herbas nin osíxeno?
- Por que caeu un meteorito hai millóns de anos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario