Mostrando entradas con la etiqueta planetas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta planetas. Mostrar todas las entradas

jueves, 20 de febrero de 2014

O noso traballo do sistema solar

Levamos algún tempo traballando sobre os planetas do sistema solar na aula de informática.
A partir dun guión proporcionado pola profe (distancia ao Sol, lugar que ocupa no sistema solar, orixe do seu nome, composición da súa atmosfera, cando foi descuberto e por quen...), fomos recompilando datos, que logo utilizamos para elaborar unha presentación de Power Point.
Tamén recollemos imaxes relacionadas cos contidos que fomos introducindo, e aprendemos a darlles efectos de animación.
Agardamos que vos guste!!

martes, 11 de febrero de 2014

Diario de a bordo



11-20-7.00,
000,010,987,654

Nós  saimos da  galaxia EUP...56 Civec ou exprectomant para cazar o fantasma roxo.

35-20-800,000,000,000,000

Cazamos o fantasma e un pedroluns. Agora é a miña mascota, é un monstro.

49-20-900.000,000,000,000,000

Hoxe volvo ao meu planeta. Non hai niguén neste planeta como na Terra.

Traballo feito por Marco

miércoles, 22 de enero de 2014

Diario de a bordo


24-6-2742
Saímos de Saturno a Marte para recoller e examinar un mineral eléctrico, queremos mirar se se pode conectar a algunha máquina e usar o mineral como unha batería.

28-8-2742
Hoxe sufrimos unha choiva de asteroides pero grazas ás ordes do capitan pasámola sen problemas. Despois descansamos moito e cando me levantei estabamos aterrizando en Marte.

29-8-2742
Acabamos de recoller o mineral e imos subir ao ovni. Agora acabamos de examinar o mineral e agora xa acabamos de confirmar que o mineral serve como unha batería.

Traballo de David

viernes, 17 de enero de 2014

Unha viaxe espacial


Era o século 23, un caluroso día de xullo, e uns astronautas pensaron fabricar unha cidade no espazo.
Como Xúpiter era o planeta máis grande, pensaron poñer un casco xigante de aire. 
Un día descubriron que faltaba unha peza , despois de tres semanas descubriron que a peza que faltaba estaba en Urano. Cando chegaron viron que había unha nave espacial duns extraterrestres. Cando viron un extraterrestre, como o extraterrestre non falaba o seu idioma, díxolle o astronauta en idioma extraterrestre:
-"Taino Jonatan", que queria dicir :"chámome Jonatan".
E o extraterrestre:
-"Ena taino extrater, llu can  vail masder tonami pa lacane", que quería dicir: "Colóusenos esta peza, tomade a ver se vos serve de algo".
Ao final os pobres tiveron comida, casa e escola, xa que todo era gratis.

Traballo feito por Yamila.

jueves, 12 de diciembre de 2013

Viaxe ao espazo

Hoxe empezamos a traballar sobre o espazo. Queremos aprender cousas do noso planeta, e tamén do sol, da lúa, das viaxes espaciais... Nós xa sabemos algunhas cousas sobre o espazo...ou iso pensamos! Hoxe reunímonos para poñelas en común. Aquí vos deixo todo o que saíu:
Comparativa dos planetas do sistema solar.

  • Hai moitas estrelas.
  • Hai moitos meteoritos.
  • O Sol ten cinco cores, e xa pasou por dous.
  • A Terra recibe a luz do Sol.
  • En Marte hai un lago conxelado. 
  • En Marte hai vida.
  • A Lúa sempre está redonda, aínda que ás veces a vexamos con outras formas.
  • O Sol é unha estrela.
  • A Terra tarda un día en dar unha volta arredor de si mesma. 
  • Hai unhas cousas que se chaman buratos de verme, que se metes neles unha nave espacial, sae por outro sitio, a un Universo paralelo.
  • Os buratos de verme permítennos viaxar entre o espazo e o tempo. Hai unha persoa que foi por eles.
  • A Lúa cando está pola metade, é que hai algo que a tapa.
  • Hai unhas cousas que se chaman buratos negros, que marchan coa luz.
  • Plutón considérase un asteroide. Non é un planeta, porque non lle chega a luz do Sol
  • Hai un home que foi o primeiro de todos en pisar a Lúa.
  • Todas as estrelas están feitas de lume.
  • Saturno ten seis aneis, que son importantes para el, porque se os perde, caería.
  • Iso de que se Saturno perde os aneis caería non pode ser, porque no espazo non hai gravidade, así que non pode caer.
  • A Terra ten dous lados: cando nun é de día, no outro é de noite.
  • Hai unhas cousas que se chaman meteoros ultralilas, e outras que se chaman meteoros amarelos. Os meteoros amarelos, se chocan contra o Sol, métense nun Universo paralelo.
  • En Mercurio hai furados.
  • Saturno o que ten non son aneis, son como pedras que están en órbita arredor del.
  • Cando imos nun avión, se saímos para fóra sen traxe espacial, podemos flotar na gravidade, e morremos.
  • No espazo non existe osíxeno, pero a capa de ozono dános osíxeno.
  • Se estás arriba, é como se houbese un imán que te leva aínda máis para arriba.
  • As estrelas están feitas de po.
  • O meteorito que destruíu os dinosauros chamábase Big Bang 1.
  • O primeiro home que estivo no espazo estivo tres anos, e non envelleceu nada; pero cando volveu, aquí pasara moito tempo, e a xente envellecera, e a súa familia xa morrera toda.
  • A primeira en ir ao espazo foi Laika, unha cadela. 
  • Se se destrúe o Universo, destrúense todos os planetas, e nós tamén morremos.
Como vedes, sabemos un montón do tema. Tal vez haxa que "darlle unhas voltiñas" a algúns dos nosos coñecementos...pero sabemos moito máis que a profe, que descoñecía moitas das cousas que contamos hoxe. 
Pero aínda queremos saber moito máis. Cando a profe nos preguntou que era o que queríamos saber, saíu un listado enorme, e con algunhas cousas bastante complicadas... Queremos saber todo isto:
  • Hai vida no Sol?
  • Cantos anos (exactamente) vai estar a Terra dando voltas arredor do Sol?
  • Queremos estudar ben os meteoros ultralilas e amarelos.
  • Cal é o planeta que está máis cerca do Sol?
  • Que é unha estrela fugaz?
  • Como se creou o Sol? De que está feito? Que hai no seu interior?
  • Como se formou o Universo?
  • Foi deus quen creou o Universo e o Sol? E daquela deus, de onde saíu?
  • Existe Deus, ou non?
  • Cantos países hai na Terra?
  • Que son os buratos de verme? 
  • Cal é a causa da gravidade?
  • Por que se formou a tormenta "Hexágono"?
  • Que pasa con Plutón? Por que agora xa non é un planeta?
  • Que pasaría con Saturno se se separase dos seus aneis?
  • Que pasaría se un meteorito chocase cun volcán?
  • Como se formou a Terra?
  • Por que no espazo non hai herbas nin osíxeno?
  • Por que caeu un meteorito hai millóns de anos?
Como vedes, temos traballo para un anaco...A investigar!