Mostrando entradas con la etiqueta investigación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta investigación. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de diciembre de 2013

Viaxe ao espazo

Hoxe empezamos a traballar sobre o espazo. Queremos aprender cousas do noso planeta, e tamén do sol, da lúa, das viaxes espaciais... Nós xa sabemos algunhas cousas sobre o espazo...ou iso pensamos! Hoxe reunímonos para poñelas en común. Aquí vos deixo todo o que saíu:
Comparativa dos planetas do sistema solar.

  • Hai moitas estrelas.
  • Hai moitos meteoritos.
  • O Sol ten cinco cores, e xa pasou por dous.
  • A Terra recibe a luz do Sol.
  • En Marte hai un lago conxelado. 
  • En Marte hai vida.
  • A Lúa sempre está redonda, aínda que ás veces a vexamos con outras formas.
  • O Sol é unha estrela.
  • A Terra tarda un día en dar unha volta arredor de si mesma. 
  • Hai unhas cousas que se chaman buratos de verme, que se metes neles unha nave espacial, sae por outro sitio, a un Universo paralelo.
  • Os buratos de verme permítennos viaxar entre o espazo e o tempo. Hai unha persoa que foi por eles.
  • A Lúa cando está pola metade, é que hai algo que a tapa.
  • Hai unhas cousas que se chaman buratos negros, que marchan coa luz.
  • Plutón considérase un asteroide. Non é un planeta, porque non lle chega a luz do Sol
  • Hai un home que foi o primeiro de todos en pisar a Lúa.
  • Todas as estrelas están feitas de lume.
  • Saturno ten seis aneis, que son importantes para el, porque se os perde, caería.
  • Iso de que se Saturno perde os aneis caería non pode ser, porque no espazo non hai gravidade, así que non pode caer.
  • A Terra ten dous lados: cando nun é de día, no outro é de noite.
  • Hai unhas cousas que se chaman meteoros ultralilas, e outras que se chaman meteoros amarelos. Os meteoros amarelos, se chocan contra o Sol, métense nun Universo paralelo.
  • En Mercurio hai furados.
  • Saturno o que ten non son aneis, son como pedras que están en órbita arredor del.
  • Cando imos nun avión, se saímos para fóra sen traxe espacial, podemos flotar na gravidade, e morremos.
  • No espazo non existe osíxeno, pero a capa de ozono dános osíxeno.
  • Se estás arriba, é como se houbese un imán que te leva aínda máis para arriba.
  • As estrelas están feitas de po.
  • O meteorito que destruíu os dinosauros chamábase Big Bang 1.
  • O primeiro home que estivo no espazo estivo tres anos, e non envelleceu nada; pero cando volveu, aquí pasara moito tempo, e a xente envellecera, e a súa familia xa morrera toda.
  • A primeira en ir ao espazo foi Laika, unha cadela. 
  • Se se destrúe o Universo, destrúense todos os planetas, e nós tamén morremos.
Como vedes, sabemos un montón do tema. Tal vez haxa que "darlle unhas voltiñas" a algúns dos nosos coñecementos...pero sabemos moito máis que a profe, que descoñecía moitas das cousas que contamos hoxe. 
Pero aínda queremos saber moito máis. Cando a profe nos preguntou que era o que queríamos saber, saíu un listado enorme, e con algunhas cousas bastante complicadas... Queremos saber todo isto:
  • Hai vida no Sol?
  • Cantos anos (exactamente) vai estar a Terra dando voltas arredor do Sol?
  • Queremos estudar ben os meteoros ultralilas e amarelos.
  • Cal é o planeta que está máis cerca do Sol?
  • Que é unha estrela fugaz?
  • Como se creou o Sol? De que está feito? Que hai no seu interior?
  • Como se formou o Universo?
  • Foi deus quen creou o Universo e o Sol? E daquela deus, de onde saíu?
  • Existe Deus, ou non?
  • Cantos países hai na Terra?
  • Que son os buratos de verme? 
  • Cal é a causa da gravidade?
  • Por que se formou a tormenta "Hexágono"?
  • Que pasa con Plutón? Por que agora xa non é un planeta?
  • Que pasaría con Saturno se se separase dos seus aneis?
  • Que pasaría se un meteorito chocase cun volcán?
  • Como se formou a Terra?
  • Por que no espazo non hai herbas nin osíxeno?
  • Por que caeu un meteorito hai millóns de anos?
Como vedes, temos traballo para un anaco...A investigar!