Que sabedes da enerxía? Nós estamos empezando a traballar sobre o tema. E, para abrir boca, hoxe fomos a Ribeira, cos dous grupos de 4º e tamén con 5º, ver unha película que se titula "Enerxía 3D". Prestáronnos unhas gafas 3D moi chulas, con elas víase fenomenal. A peli (podes ver aquí o trailer) é unha historia de amor entre unha chica moi interesada polo aforro enerxético e a ecoloxía, e un chico que, ao principio, só pensa nas motos e en fardar. Ao principio...porque despois vaise dando conta da importancia dos pequenos xestos de cada día para aforrar enerxía e contribuír a ter un planeta menos contaminado. A historia de amor acaba ben. A da enerxía...depende tamén de ti!
Levamos algún tempo traballando sobre os planetas do sistema solar na aula de informática. A partir dun guión proporcionado pola profe (distancia ao Sol, lugar que ocupa no sistema solar, orixe do seu nome, composición da súa atmosfera, cando foi descuberto e por quen...), fomos recompilando datos, que logo utilizamos para elaborar unha presentación de Power Point. Tamén recollemos imaxes relacionadas cos contidos que fomos introducindo, e aprendemos a darlles efectos de animación.