martes, 10 de marzo de 2015

Gráficas dos sectores laborais a partir da enquisa

Hai uns días, levamos unha enquisa sobre o traballo para facerlle á xente da nosa familia ou da veciñanza.
Despois, na clase, estivemos traballando un pouco cos datos, organizándoos en táboas e facendo con eles gráficas, que nos axudan a ver dun golpe de vista a información máis básica.
Por exemplo, cal é o sector laboral no que traballan máis homes ou máis mulleres. Cos datos obtidos, as gráficas respectivas son estas:


Como vemos, o sector primario ten especial incidencia nos homes, mentres que o sector terciario é o que predomina nos traballos das mulleres.
Tamén miramos se o traballo realizado era ou non remunerado. O traballo non remunerado é realizado case sempre por mulleres. A gráfica é esta:
Outra das preguntas era que cousa lle gustaba á xente máis do seu traballo, e que cousa menos. Con ese dato non se poden facer gráficas, pero si que fixemos unha nube de palabras, na que sae máis grande aquelo que se repite máis veces.
O que máis lle gusta á xente de Aguiño que realizou a enquisa podemos velo nesta nube de palabras:



Tamén hai cousas desagradables no noso traballo...e tamén esas quedaron recollidas nunha nube de palabras que fixemos entre todo o grupo:


Agora sabemos un pouco máis sobre os sectores laborais, o que significa cada un, e cales teñen máis peso na nosa localidade.

lunes, 9 de marzo de 2015

Dornas

Con pasta de modelar, un pau de brocheta e un anaco de papel pintado dos que se usan para cubrir paredes, fixemos unha dorna.
Custounos un pouco, é moi difícil modelar!

https://plus.google.com/photos/106764338498479463641/albums/6124265252508860337/6124265385028880562?pid=6124265385028880562&oid=106764338498479463641&authkey=CKjl04fV4ZqqVg
Da que secou, pintámola e puxémoslle nome.
Aquí vos quedan estas dornas aguiñenses.

viernes, 13 de febrero de 2015

Entroido con mimos

Xa chegou o Entroido!
Hoxe o cole estaba cheo de caras brancas e camisas de raias.
Hoxe falaron as mans!

Fomos de mimos, si, eses que se comunican a través da linguaxe xestual.
Houbo risas, baile, e tamén merenda.
Aí vos quedan as fotos!

jueves, 29 de enero de 2015

Aula de plástica: regata.

 Aproveitando que na clase de Coñe traballamos o tema da evolución dos barcos a través da historia, en Plástica traballamos tamén sobre barcos.
Estivemos vendo diversas marinas sobre regatas (Signac, Theo van Rysselberghe, Monet...), e observando como estes autores representan a distancia usando un tamaño máis pequeno para os obxectos que están máis lonxe.
https://plus.google.com/u/0/photos/106764338498479463641/albums/6109729156497400977/6109729162109980770?pid=6109729162109980770&oid=106764338498479463641&authkey=CL32mMarsobMmgE

Despois, tomamos como modelo o cadro de Theo van Rysselberghe "Regata", que vedes na imaxe, e creamos a nosa propia composición partindo del.
Se pinchades no cadro dese pintor, podedes ver tamén os nosos.
Gústanvos?


martes, 27 de enero de 2015

Unha de barcos


http://es.padlet.com/acatromans/barcos


Estes últimos días, na clase de Coñe, estivemos traballando un pouco a historia da navegación.
Vimos un montón de tipos de embarcacións, desde as máis primitivas, feitas con troncos ocos ou feixes de pólas, ata as máis sofisticadas que existen na actualidade, como o Planet Solar, un barco que foi quen de dar a volta ao planeta utilizando só enerxía solar.
Buscamos imaxes e información sobre candasúa embarcación, e fixemos un Padlet con toda esa información.
Queres velo? Pincha na imaxe!

viernes, 23 de enero de 2015

Visita do meu pai e o pai de Uxia

O meu pai e o pai de Uxia viñeron darnos unha charla para saber máis das dornas.
Meu pai trouxo unha dorna de madeira chamada ´´Brétema ``, tamén trouxo unha gradella, a gradella servía para coller polbos.
A gradella é para recoller a liña coa que se colle o polbo

Logo fixémoslle preguntas, eu pregunteille:
-Que pasaría se rompese o timón?
Pero o máis gracioso foi cando lle rompeu o timón como eu dixen.

Traballo de Mateo

Os nosos pais dando unha charla

Hoxe ás 12:30 viñeron os nosos pais, o meu pai e o pai de Mateo. Paseino moi ben.
Todos fixeron preguntas, bueno casi todos fixeron preguntas. Eu preguntinlles moitas cousas, 5 ou 6.
Á raña hai que poñerlle un engado para que os polbos se agarren a ela

Meu pai parecía que tiña un pouquiño de vergoña,ji-ji-ji. Pero antes de todo presentamos aos nosos pais,  eu dixen:
 -O meu pai chamase José Manuel Pérez González.
E Mateo dixo:
 -O meu pai chamase Jose Antonio Arestín Campaña.
Eu estaba un pouco nerviosa, non sei por que. Encantoume!
Explicounos o que era a gradella.

Traballo de Uxía