miércoles, 29 de mayo de 2013

Álbum de animais do Parque de Corrubedo

Aquí vos deixo o último traballo feito por nós na aula de informática.
Trátase dun álbum onde se recollen as características dalgúns dos animais presentes no Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán.
Despois de ter buscado información en libros, guías e internet sobre a fauna do Parque, escolleron cadanseu animal dos traballados, e fixeron unha ficha con el, atendendo ao modelo que eu lles puxen.
Buscaron as imaxes na rede, e a información na Galipedia e outras páxinas web.
Non se puxeron máis normas para a elección que a de que o animal escollido estivese dentro da fauna traballada, é por iso que figuran algúns animais repetidos varias veces...Entendo que pode resultar monótono, pero responde
unicamente aos gustos do alumnado, así que tamén é un modo de recoller a popularidade que algúns animais teñen na nosa clase.
Ademais de aprender sobre animais, tamén aprendemos a buscar unha imaxe e gardala
nunha carpeta, a crear un documento, a inserir unha imaxe nun documento, a inserir unhatáboa...

E pasámolo moi ben!

miércoles, 22 de mayo de 2013

Plasticoñe



Onte fixemos unha clase de plasticoñe.  Facía moi bo tempo, así que pensamos que ningún sitio mellor que o noso patio para observar as plantas, as partes que teñen, os diferentes tipos de talos, follas, flores...
Ademais, tivemos ocasión de observar varios insectos polinizadores, que se achegaban larpeiros ao noso xardín de herbas aromáticas.
Levamos o noso bloc de debuxo, e alí deixamos constancia das nosas observacións.
Resultou moi relaxante.
Aquí vos quedan as imaxes que a profe foi roubando coa súa cámara. Pinchade na foto para ver as outras.

viernes, 3 de mayo de 2013

Apadriñamento lector

O outro día linlle un conto a Antía de 3 anos. Escollín un libro chamado "Cocorico", fómolo ler a biblioteca no espazo das cadeiras.
Todo isto chámase ¡apadriñamento lector!
Sentinme especial, a actividade de apadriñamento lector gustoume.