martes, 26 de mayo de 2015

jueves, 14 de mayo de 2015

Obradoiro de graffiti

 Vistes que bonito quedou o muro do noso cole? Pois nós tamén participamos da tarefa de poñelo guapo.
A semana pasada houbo un obradoiro de graffiti, no que unha profe que se chama Sara nos explicou como se traballa esa técnica, ao tempo que experimentamos con ela.

https://plus.google.com/u/0/photos/106764338498479463641/albums/6148013463581121953/6148013549146131362?authkey=CIL8op_0jf28OA&pid=6148013549146131362&oid=106764338498479463641


Peixe a peixe, cuncha a cuncha, serea a serea, o muro quedou feito un mar de beleza!
Pinchando na foto, accededes a unha chea delas. 





Presentación para o cole de Perú

Como seguramente saberedes, levamos algún tempo carteándonos (por correo electrónico) cun grupo de alumnas e alumnos dun colexio de Perú.
Un dos profes dese cole, Raúl, é galego, e púxose en contacto con nós para ver de relacionarnos por carta, enviándonos información uns a outros, e participando así un pouco nós da súa realidade, e eles da nosa.
Hai uns días enviáronnos a revista "El Kaipacha". Un dos artigos que aparecen nela é dunha rapaza da nosa clase. Fíxonos moita ilusión.
Nós tamén quixemos facer un traballo para eles, e enviámoslles unha presentación de Power Point que fixemos con fotos de Aguiño.
Esperamos que vos guste!

miércoles, 6 de mayo de 2015

Facemos esculturas con Jontxu

O escultor aguiñense Jontxu Argibay leva varios días impartindo obradoiros de escultura para o alumnado dos distintos niveis do noso Centro.
A semana pasada tocoulle á nosa clase.
Trouxemos cadansúa caixa con area (non vos preocupedes, que nada máis rematar o traballo a area volverá para o sitio onde a collemos), e, despois de mollala, deixamos nela a marca da nosa man. Despois, enchemos o espazo restante da caixa con escaiola, que fomos preparando a medida que a fomos precisando.
Na area mollada, deixamos a pegada da nosa man

Agora estamos esperando que acabe de secar (por favor, que non chova máis!), para poder levar as nosas esculturas para casa. Que ganas temos de velas!
Mentres, tendes que conformarvos coas fotos do proceso...As outras, para a próxima semana.
Grazas, Jontxu!