jueves, 19 de diciembre de 2013

Ovos recheos

A MIÑA RECEITA: OVOS RECHEOS CON LEITUGA

Ingredientes:
  • Catro ovos
  • Tres follas de leituga
  • Unha lata de atún
  • Maionesa

Preparación:
Cocemos os ovos e lavamos a leituga.
Cando os ovos estean cocidos abrímolos á metade e quitámoslle a xema. Despois mesturamos o atún coa xema, a leituga e a maionesa e enchémolos.





Traballo feito por Uxía.

Espaguetes á boloñesa

A MIÑA RECEITA: ESPAGUETES Á BOLOÑESA



Ingredientes:
  • Medio quilo de espaguetes
  • 1 litro de auga
  • 1 pastilla de Avecrem
  • Medio quilo de carne picada
  • 1 anaco de cebola
  • 2 culleradas de aceite
  • Sal
  • Tomate
  • Viño
Preparación:
Cando a auga ferve engádese o Avecrem e os espaguetes e déixanse 10 minutos. Nunha tixola poñemos o aceite e a cebola picada, engadimos a carne e deixamos que se faga durante 10 minutos aproximadamente, engadimos un choro de viño branco e deixamos que o alcol se evapore, engadimos o tomate. 


Traballo de David 

Caldo de verduras

A MIÑA RECEITA: CALDO DE VERDURAS.


Ingredientes:
  • Pe de porco
  • costela
  • touciño
  • orella de porco
  • rabo de porco
  • lingua de porco
  • chourizos
  • carne de tenreira
  • polo
  • garavanzos
  • verduras
  • patacas

Preparación:
Cócese a carne de porco e de tenreira e os garavanzos durante 2 horas. Cando están listos retíranse da ola e engádese o polo, as patacas e as verduras.
Cando xa están listos vólvese engadir a carne e quéntase un pouco.






Feito por: Mateo

Sopa con polo

A MIÑA RECEITA : SOPA CON POLO


Ingredientes:
  • polo
  • fideos
  • pastilla de Avecrem
  • auga
  • cenorias




Preparación:

Poñemos o polo a cocer nunha tarteira coa auga, as cenorias e a pastilla de Avecrem. Cando o polo estea cocido bótaselle os fideos e deixase cocer o tempo que marque o paquete dos fideos, sobre 5 minutos.

SÉRVESE QUENTIÑA.






TRABALLO FEITO POR: IRENE

ARROZ EN BRANCO


A MIÑA RECEITA:ARROZ EN BRANCO.

    Ingredientes:
  • arroz branco
  • cebola
  • allo
  • sal
  • auga
  • aceite



Preparación:No fondo duna tarteira botas un chorriño de aceite picase a cebola
e o allo miudiño e deixase dourar un pouquiño logo bótase o arroz e remóvese todo un pouco
logo bótase a auga e o sal e déixase cocer.








FEITO POR: ANTIA






jueves, 12 de diciembre de 2013

Viaxe ao espazo

Hoxe empezamos a traballar sobre o espazo. Queremos aprender cousas do noso planeta, e tamén do sol, da lúa, das viaxes espaciais... Nós xa sabemos algunhas cousas sobre o espazo...ou iso pensamos! Hoxe reunímonos para poñelas en común. Aquí vos deixo todo o que saíu:
Comparativa dos planetas do sistema solar.

  • Hai moitas estrelas.
  • Hai moitos meteoritos.
  • O Sol ten cinco cores, e xa pasou por dous.
  • A Terra recibe a luz do Sol.
  • En Marte hai un lago conxelado. 
  • En Marte hai vida.
  • A Lúa sempre está redonda, aínda que ás veces a vexamos con outras formas.
  • O Sol é unha estrela.
  • A Terra tarda un día en dar unha volta arredor de si mesma. 
  • Hai unhas cousas que se chaman buratos de verme, que se metes neles unha nave espacial, sae por outro sitio, a un Universo paralelo.
  • Os buratos de verme permítennos viaxar entre o espazo e o tempo. Hai unha persoa que foi por eles.
  • A Lúa cando está pola metade, é que hai algo que a tapa.
  • Hai unhas cousas que se chaman buratos negros, que marchan coa luz.
  • Plutón considérase un asteroide. Non é un planeta, porque non lle chega a luz do Sol
  • Hai un home que foi o primeiro de todos en pisar a Lúa.
  • Todas as estrelas están feitas de lume.
  • Saturno ten seis aneis, que son importantes para el, porque se os perde, caería.
  • Iso de que se Saturno perde os aneis caería non pode ser, porque no espazo non hai gravidade, así que non pode caer.
  • A Terra ten dous lados: cando nun é de día, no outro é de noite.
  • Hai unhas cousas que se chaman meteoros ultralilas, e outras que se chaman meteoros amarelos. Os meteoros amarelos, se chocan contra o Sol, métense nun Universo paralelo.
  • En Mercurio hai furados.
  • Saturno o que ten non son aneis, son como pedras que están en órbita arredor del.
  • Cando imos nun avión, se saímos para fóra sen traxe espacial, podemos flotar na gravidade, e morremos.
  • No espazo non existe osíxeno, pero a capa de ozono dános osíxeno.
  • Se estás arriba, é como se houbese un imán que te leva aínda máis para arriba.
  • As estrelas están feitas de po.
  • O meteorito que destruíu os dinosauros chamábase Big Bang 1.
  • O primeiro home que estivo no espazo estivo tres anos, e non envelleceu nada; pero cando volveu, aquí pasara moito tempo, e a xente envellecera, e a súa familia xa morrera toda.
  • A primeira en ir ao espazo foi Laika, unha cadela. 
  • Se se destrúe o Universo, destrúense todos os planetas, e nós tamén morremos.
Como vedes, sabemos un montón do tema. Tal vez haxa que "darlle unhas voltiñas" a algúns dos nosos coñecementos...pero sabemos moito máis que a profe, que descoñecía moitas das cousas que contamos hoxe. 
Pero aínda queremos saber moito máis. Cando a profe nos preguntou que era o que queríamos saber, saíu un listado enorme, e con algunhas cousas bastante complicadas... Queremos saber todo isto:
  • Hai vida no Sol?
  • Cantos anos (exactamente) vai estar a Terra dando voltas arredor do Sol?
  • Queremos estudar ben os meteoros ultralilas e amarelos.
  • Cal é o planeta que está máis cerca do Sol?
  • Que é unha estrela fugaz?
  • Como se creou o Sol? De que está feito? Que hai no seu interior?
  • Como se formou o Universo?
  • Foi deus quen creou o Universo e o Sol? E daquela deus, de onde saíu?
  • Existe Deus, ou non?
  • Cantos países hai na Terra?
  • Que son os buratos de verme? 
  • Cal é a causa da gravidade?
  • Por que se formou a tormenta "Hexágono"?
  • Que pasa con Plutón? Por que agora xa non é un planeta?
  • Que pasaría con Saturno se se separase dos seus aneis?
  • Que pasaría se un meteorito chocase cun volcán?
  • Como se formou a Terra?
  • Por que no espazo non hai herbas nin osíxeno?
  • Por que caeu un meteorito hai millóns de anos?
Como vedes, temos traballo para un anaco...A investigar!