Sobre nós

Este é o blogue de aula do alumnado de 4º de primaria durante o curso 2014-2015, no cole de Aguiño. É unha continuación do blogue de anos anteriores.
A miña intención é que, aínda que tamén publique eu, sexa principalmente o alumnado quen publique nel. Así que as entradas do blogue serán, probablemente, breves e co vocabulario e a estrutura de texto que se pode esperar nestas idades.
Na pestana do lado, irei poñendo ligazóns a actividades dixitais que traballamos en relación cos temas que se van tocando na aula.
Se vós coñecedes algunha ligazón que vos pareza de interese, poñédema nos comentarios, para engadila.

1 comentario:

  1. que chulada!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar