domingo, 21 de diciembre de 2014

Liñas, ángulos e formas xeométricas

Na clase de matemáticas estivemos traballando as liñas e os ángulos. Aproveitamos para traballar tamén en plástica a partir deses elementos.
Primeiro, vimos algún cadro de Kandinsky no que utiliza formas xeométricas, liñas e ángulos como elementos básicos da composición. Como este:
Pincha para ver os nosos traballos


Despois, fixemos nós composicións inspirándonos nas de Kandinsky.
Podedes ver os nosos traballos pinchando na imaxe. Esperamos que vos guste!

jueves, 18 de diciembre de 2014

Árbores de outono

Inspirándonos no cadro de Kandinsky que aquí vedes, fixemos na clase de plástica unhas árbores de outono.
Pincha para ver os nosos traballos

Para pintar o fondo, utilizamos témperas. As follas de cores outonais fixémolas con cartolinas de distintas cores. 
Pinchando no cadro de Kandinsky, podes ver os nosos traballos.
Gústanvos?

viernes, 12 de diciembre de 2014

A liña do tempo

Nas últimas semanas, estivemos traballando na liña do tempo.
A nosa investigación sobre a historia empezou aquí mesmo, en Aguiño. Buscamos pegadas históricas ou sucesos importantes ocorridos na nosa localidade, pescudamos en que momento ocorreron, e fixemos pequenas tarxetas cos datos máis importantes, que colocamos na liña do tempo que temos na clase.
Aí están, por exemplo, o muelle da Covasa, o desastre do Prestige, diversos naufraxios, e, como non, o naufraxio do Santa Isabel e a heroica actuación das Heroínas de Sálvora, xunto con moitas outras persoas da illa e da zona.
Logo, escollemos unha serie de personaxes e sucesos da historia, ocorridos en distintos séculos, e seguimos o mesmo proceso.
As Idades da Historia na liña do tempo
Por último, estivemos traballando sobre unha serie de mulleres relevantes na historia, ben porque xogaron un papel moi importante na política do seu país, ou pola súa loita en defensa de distintas causas. Así, vimos que houbo mulleres que encabezaron revoltas contra impostos inxustos, como María Castaña; outras que defenderon a igualdade das mulleres, como Clara Campoamor; algunhas, como Harriet Tubman, tiveron un importantísimo papel na loita contra a escravitude; outras, como Rosa Parks, conseguiron, con pequenos xestos e loitas pacíficas, cambiar leis marxinadoras; soubemos dos descubrimentos de vital importancia para a humanidade de  Marie Curie; coñecemos a loita de Jane Goodall para protexer os chimpancés; ou a de Vandana Shiva e Wangari Maathai para protexer a terra e as árbores.
Todas elas foron quedando, a modo de papeliños, na nosa liña do tempo.
E, pouco a pouco, imos aprendendo a ubicarnos no territorio da Historia, de todo o pasado que as xeracións anteriores viviron antes de chegar nós.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

A exposición do Santa Isabel

A semana pasada fomos á exposición de Heroínas de Sálvora. Fomos os nenos de cuarto e os de terceiro.
Pilar, a guía, foinos explicando que era cada cousa. Tiña tres partes, a primeira explicaba como foi a traxedia, a segunda, as maquetas do Santa Isabel, e a terceira das Heroínas.
A min encantoume, porque nos explicou todos os detalles. Tamén me gustou cando fomos no autobús, porque fun atrás de todo, é o meu sitio preferido.

Traballo feito por Marta. 

Exposicion do Santa Isabel

A semana pasada, os alumnos de terceiro e mais nós, fomos pola mañá ver a exposición das "Heroínas de Sálvora", a exposición era en Ribeira, e acompañáronnos a miña profe Nela e a profe de terceiro, Manola.
Tiña catro partes, unha que falaba como se montou o barco, outra falaba un pouco de como era por dentro, noutra podíase observar en maquetas como era o barco e na última falaba das Heroínas.
A min gustáronme moito as fotos das Heroínas, tamén me encantaron as maquetas dos barcos, pero o que máis me gustou foi o camarote montado. Non me gustou moito Pilar a guía, porque cansáronseme as pernas e non era capaz de sentarme ás escondidas. Olvidábaseme que me gustou moito ir con Ana no autobús, porque falamos de Furbys e doutras cousas que xa son un pouco privadas.

Traballo feito por Antía

Visita a exposición do Santa Isabel.

O pasado mércores, os nenos de 3º e 4º fomos de excursión á exposición de "As Heroínas de Sálvora: emigración, traxedia e heroísmo", en Ribeira.
Consistía en ensinarnos as partes do Santa Isabel, onde se construíu, onde ían os emigrantes, algunhas cousas con que o construíron e os restos que quedaron. Tiña tres partes, a primeira parte era onde nos explicaban as partes que tiña o barco, e moitos datos sobre o Santa Isabel, pero tamén había moitas ferramentas coas que se fixo, e onde, pero tamén en que ano. A segunda parte tiña as maquetas e as partes que quedaron do Santa Isabel, tamén tiña os nomes dos tripulantes e dos pasaxeiros que faleceron. A terceira parte tiña as medallas, os xornais e algunhas imaxes sobre como se foi facendo o Santa Isabel.
O que máis me gustou foi cando vimos as partes que quedaron do Santa Isabel, o que menos me gustou foi cando nos tivemos que deitar para escribir no chan, pero á parte disto paseino moi pero que moi ben.

Traballo feito por Flora.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Visita ao auditorio

Esta semana fomos a Ribeira, ver unha exposición que hai no Auditorio.
A exposición chámase: "Emigración, traxedia, heroísmo", e trata sobre o naufraxio do Santa Isabel e a xenerosidade e valentía das persoas de Sálvora que foron auxiliar os náufragos.
Durante a exposición tiñámonos que fixar ben e buscar algúns datos para logo cubrir unha ficha que nos deu a profe.
Portámonos xenial, traballamos moitísimo, e ademais...pasámolo ben!
Queres ver fotos? Aquí che quedan:
Pincha na imaxe para ver todas as fotos
Pincha na imaxe para ver todas as fotos

viernes, 7 de noviembre de 2014

Os nosos Senecios

Senecio é un cadro de Paul Klee, no que o rostro humano se traballa a partir da cor e dalgúns elementos xeométricos.
Na clase de plástica estivemos traballando sobre el.
Se pinchas na ilustración do cadro orixinal de Klee, podes ver os nosos traballos.

https://plus.google.com/u/0/photos/111418313351595345208/albums/6078303956447130785/6078304572010632402?authkey=CMf7gqmshKjH8wE&pid=6078304572010632402&oid=111418313351595345208

Gústanche?

jueves, 6 de noviembre de 2014

Chamada ao museo (Inventamos diálogos)


--Ola, este é o museo Furringluguenflaguenfurringeleirez?
--Si, señor, eu son o xefe do museo e chamome Barridaxel. E vostede?
--Eu chámome Galopedo Mocofresco.
--Bueno, haberá unha exposición de dinosauros, non?
--Si señor.
--Canto diñeiro tería que pagar?
--Uns cincuenta euros.
--Xenial, e a que hora?
--Das catro da tarde ás oito da tarde.
--Vale, chao.

Traballo de Juanma.

viernes, 31 de octubre de 2014

Obxectos que cobran vida

O outro día na clase de galego estivemos lendo un fragmento de "Lía e as zapatillas de deporte", que  é un libro da escritora María Reimóndez.
Nese fragmento aparecían unhas zapatillas de deporte que de pronto cobraban vida, e comezaban a falar con Lía, a protagonista.
E pensamos...que pasaría se obxectos que temos arredor cobrasen vida? A que cousa nos gustaría que lle pasase iso, e que nos gustaría que fixese?
E se o meu boli cobrase vida???


Aquí tendes o resultado das nosas elucubracións:


                                     Unha figura de Pokemon

O que fai é ensinarme os seus mundos e faime sentir o que el sentiu alí.

Ademais el ensíname os seus ataques.


David



Gustaríame que cobrase vida o meu lapis ou o meu boli para que me faga os deberes.


Irene




Eu quero que cobre vida o boli, así escribe el os deberes.


                                                   Jennifer



Gustaríame que cobrase vida miña caixiña de musica .Cada vez que estou triste miña caixiña sempre me fala e me consola.

                                                    Laura



O meu obxecto que cobra vida é Don Pelucho, que camiña polo campo e fai maxia que converte todo en almofadas máxicas que voan ata un mundo de Don Pelucho.
                                                 Marco.




Un boli, para que me faga os deberes e os exercicios.

                                                   Bea




O meu obxecto que cobra vida e o lapis ou o boli para que me fagan os deberes


                                            María José




Gustaríame que cobrase vida o meu peluxe de Bob Esponxa . Non fai nada, pero gustaríame que cobrase vida para que me levase a Fondo de Bikyny


Marìa del Carmen Mato



É o meu boli e gustaríame que cobrase vida para que me fixese os deberes.

Uxía 


Que raro, o meu chourizo fala,que podo facer para que cale? Vouno comer. Pero se o como, xa non teño merenda, que podo facer? Mi ma tanto pensar xa me da fame. Bo e vou comer o chourizo, ñam ñam ñam, está ben chourizo acabado. TIRIN TIRINNN. Anda, o recreo mira ti, ai! teño fame vou comer o chourizo.

-Aaaaa Antia, Antia,Antia Antia teño un problema grandisimo.

-E lo que che pasou?

-Pois que non sei onde esta o meu chourizo falante.

-Como chourizo falante?

-Pois si o meu súper chourizo ibérico ai ai ai!

-Tranquila

-Como vou estar tranquila, se me quitaron ao meu fillo,ai ai ai que pena mais grande. Seguramente que mo tiraron polo retrete a abaixo.

-Tranquila, onde foi a ultima vez que o viches?

-Na miña boca.

-Ana, non o comerías?

-Ai si, fíxeno sen querer.


                                                      Ana




VASOIRA

E unha vasoira, con ela pódese voar e varrer todo o mundo.

                                                  Víctor




LIBRETA

Me dixese as respostas

                                                 Sergio


Gustaríame que o meu boli, cobrase vida para que me fixese os deberes e para que me fixese os problemas do libro, e aínda mellor que me fixese os exames, pero non valería porque xa os acabamos.

                                                  Mateo



A mín o que me gustaría que cobrase vida seria o boligrafo , porque así eu non tería que volver a tocar un.
                                                    Flora



O meu estoxo de Monster High. Vende lápis e gomas
                                                   Lucía




O que me gustaría que cobrase vida e o meu osiño de peluche porque así pode protexerme dos ladróns cos seus golpes e chaves de karate.

                                                 Samuel



O LAPIS

o lapis porque así fanse os deberes sós...

E non tiña que facelos eu.


                                                 Lidia



O boneco

Un boneco cobra vida, fai zapatos e vende o seu chaleco , e é moi pequeno. Tamén vende os seus zapatos.
                                           Nazareno

Eu teño unhas ás e a mín gustariame que cobrasen vida, para poder coñecer outros animais, tocar as nubes e viaxar por todo o mundo.
                                             Yamila

É unha chave que ten patas e pode abrirche o coche sen que ti fagas nada. E tamén serve como lapis e pódeche facer os deberes e levarche mensaxes.
                                             Marta

É un lapis para que me faga os deberes etc... e que nunca suspenda.
E asi non me quitarían a wii e o ordenador. E así poder estudar, xogar cando queira, e ver a tele na casa do meu primo.
                                              Jorge


Gustaríame que o lapis cobrase vida.

O lapis converteríase en coitelo para combater o crime e levar regalos aos nenos necesitados de todo o mundo, ademais cociña o que lle pidas.
                                   Juanma Rey Patiño

O boli,  para que me faga os deberes na clase e eu puidese descansar ou botar unha soneca un anaco, e nos exames superar todo e tivese un 10.
                                     Antia Piñeiro Paz


miércoles, 15 de octubre de 2014

Deporte e diversidade funcional

Traballando sobre o deporte descubrimos un montón de cousas.
Que a todas e todos nos gusta practicar algún, e tamén disfrutar vendo a persoas que o fan moi ben nese deporte.
Que o deporte ten moitos beneficios para a nosa saúde, tanto física como mental. E axuda a facer amizades!
Que en cada deporte hai varias modalidades, algunhas para practicar en equipo e outras en solitario.
E que non é necesario ter un "corpo 10" para practicar deporte: calquera persoa pode, e hai deportes para tódolos gustos e niveis para todos os corpos. As persoas con algunha discapacidade física son un excelente exemplo de que o deporte é cousa de tod@s. E son, ademais, un estupendo exemplo a imitar de constancia, capacidade de esforzo, e superación.
https://plus.google.com/photos/111418313351595345208/albums/6070507326970223089/6070507764507611938?pid=6070507764507611938&oid=111418313351595345208

Aquí vos deixo unha recompilación de imaxes sobre deporte e diversidade que o alumnado deste grupo buscou na rede, enviádomas por correo para que eu fixese a recompilación.
E ti, a que esperas para poñerte en marcha e practicar un deporte? :-)

viernes, 10 de octubre de 2014

Os deportes que nos gustan

Durante os últimos días, fixemos un traballo, primeiro na nosa libreta e despois na aula de informática, sobre os deportes que nos gustan.
Podedes ver aquí a recompilación de todos eles:

O noso deporte favorito

Gústanvos?

miércoles, 8 de octubre de 2014

O corpo en movemento

Aproveitando que en Coñecemento do Medio estamos a traballar o aparato locomotor, na clase de Plástica fixemos un traballo sobre o corpo en movemento.
Primeiro, fixemos "monigotes" en distintas posturas, fixándonos sempre na posición das articulacións en cada unha das posturas.
Así:

Despois, a partir dun deses monigotes, fixemos traballamos con ceras e pintura diluída. A idea era comunicar a sensación de movemento, e outras sensacións que podemos expresar a través do corpo (alegría, tristeza...).
As nosas creacións podedes velas pinchando na imaxe de arriba.
A ver se vos gusta!

viernes, 12 de septiembre de 2014

De volta!


Estamos de volta. 
Con algúns cambios: dentes que se foron, dentes que viñeron de volta, corpos máis altos, pel máis tostada, caras novas...
Empeza un novo curso, e aquí vimos con ilusión para ver que nos trae.
Como sempre, irei colgando no noso blogue as ligazóns ás actividades relacionadas co que iremos traballando nas distintas materias. Se atopades algunha que vos pareza interesante...non dubidedes en enviarma!
E recordade: o vindeiro martes, día 16, ás 6 da tarde, teremos reunión na nosa aula, para falar un pouco do que imos traballar, das normas a observar, das vosas dúbidas ou suxestións...Sede puntuais: respectemos o tempo das demais persoas.

Espérovos alí!

viernes, 13 de junio de 2014

Os nosos traballos sobre a Idade Media

Durante este trimestre que xa remata (o tempo voa!), estivemos a traballar na clase de coñe sobre a Idade Media.
De todo o que fomos aprendendo entre Edilims, consultas en internet, vídeos, traballos elaborados por nós...estivemos facendo un traballo na aula de informática.
Tratábase de resumir o que tiñamos aprendido sobre o tema, e ilustralo con tres fotos que se correspondesen con tres temas que se citasen no documento.
Este é o resultado do noso traballo.
Pinchando no cadradiño superior dereito, podedes velo a toda pantalla.
Agardo que saibades apreciar o esforzo que hai detrás de cada unha das nosas composicións!

Visita a Carboeiro



Chegada a Carboeiro
Onte fomos ao Mosteiro de Carboeiro, que se encontra en Silleda. A min a visita gustoume moito.
O noso guía chamábase Xesús. Ao principio demos unha volta arredor do Mosteiro e paramos onde había un río case ao lado do Mosteiro, explicounos que os monxes tiñan: pombal, leiras, un río para pescar as troitas, escritorio, igrexa, dormitorios, etc...
Tamén nos estivo explicando que os mosteiros sempre se facían cara o leste, cara onde saía o Sol.
Despois subimos por un sitio para chegar ata onde estaba o Mosteiro, había como unha data do día que se formou e estaba escrita con letras e números romanos.
Despois Xesús ensinounos a entrada, que tiña arcos de medio punto moi bonitos, onde había unhs anxos cantando e unhas flores moi bonitas, pero había algúns anxos que non tiñan cabeza, e díxonos que algunha persoa as quitara. Máis abaixo debería haber unhas figuras, pero non estaban porque as levara a muller de Franco.
Logo fixemos un xogo que consistía en que cunha man collías o espello e poñíalo sobre o nariz, e ías andando mirando cara o teito, foi moi divertido.
Despois fomos merendar e xogar un pouco, e despois fixemos o caderno que nos dera Xesús; entón cando acabamos xogamos e fomos para comer. Eu senteime a comer con Flora, con Laura, con Ana, con Marta e con Beatriz. Cando acabamos de comer fomos coller os xelados, e a min como me sobraba collín Chasquis, fun para un sitio onde había un río e vin a un neno de 4º chamado Gabriel. Despois fomos ao bus coller as botellas de auga, eu collín a miña botella. Collémolas porque iamos ir dende alí ata "As fervenzas do Toxa". Eu ía na 2ª fila con Juanma e Sergio. Cando iamos andando, Juanma pediume auga, porque el xa a gastara, despois botoulle un pouco ás plantas que había nas hortas. Máis adiante viu anís e dixo:
-Hai anís- e púxose a coller.
Despois estivenme rindo e falando con Sergio mentres Juanma nos alcanzaba. Ao chegar senteime nunha mesa, pero despois díxonos Xesús que fósemos por un camiño. Cando fomos polo camiño para ver mellor a fervenza, Xesús ensinounos que a fervenza do Toxa é a máis grande de Galiza.
Despois fomos cara onde estaba o bus, e puxémonos a merendar, e cando acabamos de merendar fomos para Aguiño, mentres chegábamos estivemos xogando a "atrevemento ou verdade".
Eu paseino moi ben, a min gustoume todo.

Traballo feito por Yamila

viernes, 6 de junio de 2014

Carboeiro




https://plus.google.com/photos/106764338498479463641/albums/6021926315871950641
Pincha na imaxe e verás todas as fotos da excursión
Onte fomos de excursión a Carboeiro.
Ao principio, cando iamos de camiño eu fun con Sergio e foi moi divertido.
Xesús, o noso guía, explicounos moitas cousas sobre o mosteiro de Carboeiro.
O sitio onde comemos estaba moi ben, tiña bancos de madeira, bancos de pedra, máquinas de deporte, un chiringuito e ata uns fogóns.
A parte que menos me gustou foi cando fomos por costas empinadas que cansaban e estaban cheas de pedras.
O mellor foi ir no autobús. Xesús deunos un libro pequeno de exercicios da Idade Media. En resumo, a excursión gustoume.

Traballo feito por Juanma.

martes, 20 de mayo de 2014

Xograres e trobadores

Déixovos esta presentación que fixen, baseada no libro de Pepe Carreiro "Xograres e trobadores".
Con ela poderedes aprender moitas cousas sobre eses poetas e cantores medievais, que alegraban a xente cos seus versos, algúns dos cales chegaron ata os nosos días.
Daquela, o galego era o idioma de moda, por iso moitas cantigas, mesmo algunhas feitas en Castela, estaban escritas no noso idioma. Como as Cantigas de Santa María, do rei Alfonso X o Sabio.
Agardo que vos guste, e que vos sirva para saber máis sobre a Idade Media!

sábado, 17 de mayo de 2014

Lugares e personaxes da Idade Media

 
Castelo dos Andrade.

A semana pasada estivemos facendo un novo padlet, sobre lugares e personaxes da Idade Media. Tiñamos que escoller un lugar ou personaxe galego medieval, e buscar unha imaxe para poñer no muro. Debaixo, puxemos un pequeno texto informativo sobre esa imaxe. Gústavos?

viernes, 2 de mayo de 2014

As revoltas Irmandiñas

Unha presentación para aprender algunhas cousas sobre a revolta medieval dos Irmandiños en Galiza.

As revoltas Irmandiñas

More PowerPoint presentations from Nela Abella

viernes, 25 de abril de 2014

Traballamos os oficios medievais na aula de info



http://padlet.com/nelaguinho/medieval


Hoxe, na hora de Coñecemento do Medio, fomos á aula de informática facer un traballo relacionado coa Idade Media.
Tiñamos que escoller cadanseu oficio, buscar unha imaxe, e subila a un "padlet", que é unha aplicación que nos permite poñer imaxes e textos a varias persoas ao mesmo tempo.
Queredes ver como quedou? Pinchade na foto!

lunes, 21 de abril de 2014

Enerxía nuclear


ENERXÍA NUCLEAR

  • Obtense de minas onde se collen minerais radioactivos.
  • Vantaxes:
    • Dá enerxía.
    • Dá traballo a moitas persoas.
    • Dá calor
  • Inconvenientes:
    • Pode explotar.
    • Contamina moito.
    • E moi peligroso.

martes, 15 de abril de 2014

O equilibrista

https://plus.google.com/photos/106764338498479463641/albums/6000703765706685425/6000703994228258498?pid=6000703994228258498&oid=106764338498479463641
Pincha na  imaxe para ver máis




O outro día, na clase, fixemos un experimento sobre o equilibrio.
Para facelo, precisamos:
  • Un tapón de cortiza
  • Dous alfinetes
  • Dous paus para facer brochetas
  • Unha superficie estreita e un pouco alta
Cravamos os alfinetes nun dos extremos do tapón, como se fosen as "patas" do equilibrista. Despois, poñémoslle os "brazos", que serán os paus de brocheta.
Para que o noso equilibrista faga un bo papel, é preciso poñerlle os "brazos" bastante abaixo, para que leven o centro de gravidade do conxunto máis abaixo do punto de apoio (os alfinetes).
É cuestión de ir probando.
Divertímonos moito!

jueves, 10 de abril de 2014

O óso de goma



https://plus.google.com/photos/106764338498479463641/albums/6000696815432575489/6000696901984096626?pid=6000696901984096626&oid=106764338498479463641
Pincha na imaxe para ver máis
Hoxe estivemos a facer un experimento na clase.
Bueno, en realidade o experimento comezou hai xa uns días.
Metemos dous ósos de polo en líquido: un, nun cacharro con auga; o outro, nun cacharro con vinagre.
Antes, medímolos, observamos a súa cor e a súa textura. E fixemos hipóteses acerca do que pasaría con cada un dos ósos. Medrarán? Cambiarán de cor ou de tamaño? Cambiará a súa textura ou brillo?
No medio da semana cambiámoslle o líquido, e hoxe, ao pasar unha semana enteira, sacamos os ósos dos líquidos e vimos o que pasaba.
O óso que estaba na auga non cambiou: tiña o mesmo aspecto, tamaño e textura que hai 7 días.
Pero o óso que estaba no vinagre...volveuse brando!
De novo tratamos de buscarlle unha explicación a por que pasaba isto. Como non dábamos topado o motivo, a profe explicounos que os ósos teñen moito calcio, e o vinagre é un ácido que o desgasta. O calcio é o que fai que os ósos sexan duros, así que, ao perdelo, perden a dureza, e parecen de goma.
Xa sabes, se queres ter uns ósos ben duros...toma alimentos que conteñan calcio!!!

viernes, 4 de abril de 2014

PETRÓLEO


  • Obtense de debaixo da terra.
  • Vantaxes:
    • Da combustible para os coches



  • Inconvenientes:
  • esgotase
  • produce moito CO2



feito por :Irene Regueira Cameán
GAS NATURAL


  • Obtense de pozos

  • Vantaxes:
  • Da enerxía.
  • Contamina menos que os anterior.

  • Inconvenientes:
  • Esgótase.
  • Contamina.
PETRÓLEO

  • Obtense de minas
  • Vantaxes:
  1. danos enerxía
  2. fai que funcionen os coches

  • inconvenientes:

  1. contamina moito
  2. o seu control provoca guerras
  3. esgotase
PETRÓLEO



  • Obtense de pozos
  • Vantaxes:
    • Prodúcenos enerxía
    • Grazas a el pódese facer gasolina , gasoil, gasóleo ect........
  • Inconvenientes:
    • Acabarase
    • Pode matar aves
    • Provoca guerras

Petróleo

PETRÓLEO
  • Obtense de pozos
  • Vantaxes:
    • produce enerxía
    • podemos andar nos coches con petróleo
    • Inconvenientes
    • pódese acabar o petróleo
    • pode matar aves
    • provoca guerras

      Traballo feito por Uxia

Enerxia eólica


EÓLICA


  • Obtense do vento.
  • Vantaxes:
    • Non se esgota.
    • Non contamina
  • Inconvenientes:
    • Costa facer este aparato.
    • Mata aves.
Traballo feito por:Ana

viernes, 28 de marzo de 2014

Enerxía eólica


ENERXIA EOLICA

  • Obtense do vento.
  • Vantaxes:
    • Dá enerxía .
    • Non contamina
    • Non se esgotan..
  • Inconvenientes.
    • Mata paxaros.
    • Cando non hai vento non funciona.
    • E moi ruidoso.

      Traballo feito por Laura.

jueves, 6 de marzo de 2014

Enerxía 3D


Pincha na imaxe para ver máis fotos

Que sabedes da enerxía? Nós estamos empezando a traballar sobre o tema.
E, para abrir boca, hoxe fomos a Ribeira, cos dous grupos de 4º e tamén con 5º, ver unha película que se titula "Enerxía 3D". Prestáronnos unhas gafas 3D moi chulas, con elas víase fenomenal.
A peli (podes ver aquí o trailer) é unha historia de amor entre unha chica moi interesada polo aforro enerxético e a ecoloxía, e un chico que, ao principio, só pensa nas motos e en fardar. Ao principio...porque despois vaise dando conta da importancia dos pequenos xestos de cada día para aforrar enerxía e contribuír a ter un planeta menos contaminado.
A historia de amor acaba ben.
A da enerxía...depende tamén de ti!

jueves, 20 de febrero de 2014

O noso traballo do sistema solar

Levamos algún tempo traballando sobre os planetas do sistema solar na aula de informática.
A partir dun guión proporcionado pola profe (distancia ao Sol, lugar que ocupa no sistema solar, orixe do seu nome, composición da súa atmosfera, cando foi descuberto e por quen...), fomos recompilando datos, que logo utilizamos para elaborar unha presentación de Power Point.
Tamén recollemos imaxes relacionadas cos contidos que fomos introducindo, e aprendemos a darlles efectos de animación.
Agardamos que vos guste!!

martes, 11 de febrero de 2014

Diario de a bordo



11-20-7.00,
000,010,987,654

Nós  saimos da  galaxia EUP...56 Civec ou exprectomant para cazar o fantasma roxo.

35-20-800,000,000,000,000

Cazamos o fantasma e un pedroluns. Agora é a miña mascota, é un monstro.

49-20-900.000,000,000,000,000

Hoxe volvo ao meu planeta. Non hai niguén neste planeta como na Terra.

Traballo feito por Marco

miércoles, 22 de enero de 2014

Diario de a bordo


24-6-2742
Saímos de Saturno a Marte para recoller e examinar un mineral eléctrico, queremos mirar se se pode conectar a algunha máquina e usar o mineral como unha batería.

28-8-2742
Hoxe sufrimos unha choiva de asteroides pero grazas ás ordes do capitan pasámola sen problemas. Despois descansamos moito e cando me levantei estabamos aterrizando en Marte.

29-8-2742
Acabamos de recoller o mineral e imos subir ao ovni. Agora acabamos de examinar o mineral e agora xa acabamos de confirmar que o mineral serve como unha batería.

Traballo de David