lunes, 28 de octubre de 2013

Avoas e avós


Pincha na imaxe para ver os textos
Hai uns días fixemos un traballo de recollida de anécdotas dos nosos avós e avoas.
Trouxémolas ao cole na nosa libreta de investigación, e lémosllas ao resto do grupo.
Despois, na aula de informática, pasámolas a un documento de texto, no que puxemos tamén unha imaxe relacionada coa anécdota.
Tamén empezamos a aprender a traballar co Word Art, para poñer o título do traballo.
Agora, a profe recompilounas todas e aquí vos van.

Gústanvos?

Deixade os vosos comentarios!

miércoles, 23 de octubre de 2013

A visita dos avós e avoas

Yamila e Antonio facendo boas migas. Pincha na foto para ver outras.

O luns viñeron persoas maiores da residencia.Viñeron porque os invitamos, e porque estabamos estudando o Alzheimer.
Estivemos facendo un xogo de memoria, que consistía en que aparecíanche catro imaxes parecidas. Había dous equipos, o equipo dos avós e avoas e o equipo 2 era o da nosa clase.
E por último, pintamos. Mentres que pintamos, preguntinlle: Cantos anos tes? El díxome: Ti cantos pensas que teño? Eu dixen: 75? El díxome: Estás moi cerca, teño 81, es moi lista. Eu dixen: Grazas. Despois díxenlle: Viaxabas moito? El díxome: Si, porque era condutor de máquinas, e como viaxaba polo monte...A miña esposa morreu hai moito, teño 2 fillos, un vive en Madrid e outro con el, chámome Antonio e vivo na Pobra do Caramiñal. 
Eu regaleille o meu debuxo, antes de marchar Antonio deume un bico e foise, despois foi como se un cacho do meu corazón deixara a Antonio nel, despois axudei a unha avoa a andar, e ela deume outro bico.

Entrada feita por Yamila.

miércoles, 16 de octubre de 2013

Bitstrips For Scholls con terceiro


Esta temporada na aula de informática os de terceiro estamos facendo un traballo no que hai que facer un cómic.
A web  na que  estamos traballando chamase Bitstrips For Scholls, permíteme mover a cabeza duns personaxes que son moi feos, e tamén se pode cambiar o fondo, mover os brazos, crear personaxes etc.
Eu estou facendo un accidente de mentira en Bitstrips For Scholls.
O que máis me gustou foi crear o meu propio personaxe.Quen queira visitar a nosa galería para ver os nosos traballos invitámolo. Podes velos aquí.

Entrada feita por Juanma