domingo, 21 de diciembre de 2014

Liñas, ángulos e formas xeométricas

Na clase de matemáticas estivemos traballando as liñas e os ángulos. Aproveitamos para traballar tamén en plástica a partir deses elementos.
Primeiro, vimos algún cadro de Kandinsky no que utiliza formas xeométricas, liñas e ángulos como elementos básicos da composición. Como este:
Pincha para ver os nosos traballos


Despois, fixemos nós composicións inspirándonos nas de Kandinsky.
Podedes ver os nosos traballos pinchando na imaxe. Esperamos que vos guste!

jueves, 18 de diciembre de 2014

Árbores de outono

Inspirándonos no cadro de Kandinsky que aquí vedes, fixemos na clase de plástica unhas árbores de outono.
Pincha para ver os nosos traballos

Para pintar o fondo, utilizamos témperas. As follas de cores outonais fixémolas con cartolinas de distintas cores. 
Pinchando no cadro de Kandinsky, podes ver os nosos traballos.
Gústanvos?

viernes, 12 de diciembre de 2014

A liña do tempo

Nas últimas semanas, estivemos traballando na liña do tempo.
A nosa investigación sobre a historia empezou aquí mesmo, en Aguiño. Buscamos pegadas históricas ou sucesos importantes ocorridos na nosa localidade, pescudamos en que momento ocorreron, e fixemos pequenas tarxetas cos datos máis importantes, que colocamos na liña do tempo que temos na clase.
Aí están, por exemplo, o muelle da Covasa, o desastre do Prestige, diversos naufraxios, e, como non, o naufraxio do Santa Isabel e a heroica actuación das Heroínas de Sálvora, xunto con moitas outras persoas da illa e da zona.
Logo, escollemos unha serie de personaxes e sucesos da historia, ocorridos en distintos séculos, e seguimos o mesmo proceso.
As Idades da Historia na liña do tempo
Por último, estivemos traballando sobre unha serie de mulleres relevantes na historia, ben porque xogaron un papel moi importante na política do seu país, ou pola súa loita en defensa de distintas causas. Así, vimos que houbo mulleres que encabezaron revoltas contra impostos inxustos, como María Castaña; outras que defenderon a igualdade das mulleres, como Clara Campoamor; algunhas, como Harriet Tubman, tiveron un importantísimo papel na loita contra a escravitude; outras, como Rosa Parks, conseguiron, con pequenos xestos e loitas pacíficas, cambiar leis marxinadoras; soubemos dos descubrimentos de vital importancia para a humanidade de  Marie Curie; coñecemos a loita de Jane Goodall para protexer os chimpancés; ou a de Vandana Shiva e Wangari Maathai para protexer a terra e as árbores.
Todas elas foron quedando, a modo de papeliños, na nosa liña do tempo.
E, pouco a pouco, imos aprendendo a ubicarnos no territorio da Historia, de todo o pasado que as xeracións anteriores viviron antes de chegar nós.

miércoles, 10 de diciembre de 2014

A exposición do Santa Isabel

A semana pasada fomos á exposición de Heroínas de Sálvora. Fomos os nenos de cuarto e os de terceiro.
Pilar, a guía, foinos explicando que era cada cousa. Tiña tres partes, a primeira explicaba como foi a traxedia, a segunda, as maquetas do Santa Isabel, e a terceira das Heroínas.
A min encantoume, porque nos explicou todos os detalles. Tamén me gustou cando fomos no autobús, porque fun atrás de todo, é o meu sitio preferido.

Traballo feito por Marta. 

Exposicion do Santa Isabel

A semana pasada, os alumnos de terceiro e mais nós, fomos pola mañá ver a exposición das "Heroínas de Sálvora", a exposición era en Ribeira, e acompañáronnos a miña profe Nela e a profe de terceiro, Manola.
Tiña catro partes, unha que falaba como se montou o barco, outra falaba un pouco de como era por dentro, noutra podíase observar en maquetas como era o barco e na última falaba das Heroínas.
A min gustáronme moito as fotos das Heroínas, tamén me encantaron as maquetas dos barcos, pero o que máis me gustou foi o camarote montado. Non me gustou moito Pilar a guía, porque cansáronseme as pernas e non era capaz de sentarme ás escondidas. Olvidábaseme que me gustou moito ir con Ana no autobús, porque falamos de Furbys e doutras cousas que xa son un pouco privadas.

Traballo feito por Antía

Visita a exposición do Santa Isabel.

O pasado mércores, os nenos de 3º e 4º fomos de excursión á exposición de "As Heroínas de Sálvora: emigración, traxedia e heroísmo", en Ribeira.
Consistía en ensinarnos as partes do Santa Isabel, onde se construíu, onde ían os emigrantes, algunhas cousas con que o construíron e os restos que quedaron. Tiña tres partes, a primeira parte era onde nos explicaban as partes que tiña o barco, e moitos datos sobre o Santa Isabel, pero tamén había moitas ferramentas coas que se fixo, e onde, pero tamén en que ano. A segunda parte tiña as maquetas e as partes que quedaron do Santa Isabel, tamén tiña os nomes dos tripulantes e dos pasaxeiros que faleceron. A terceira parte tiña as medallas, os xornais e algunhas imaxes sobre como se foi facendo o Santa Isabel.
O que máis me gustou foi cando vimos as partes que quedaron do Santa Isabel, o que menos me gustou foi cando nos tivemos que deitar para escribir no chan, pero á parte disto paseino moi pero que moi ben.

Traballo feito por Flora.

viernes, 5 de diciembre de 2014

Visita ao auditorio

Esta semana fomos a Ribeira, ver unha exposición que hai no Auditorio.
A exposición chámase: "Emigración, traxedia, heroísmo", e trata sobre o naufraxio do Santa Isabel e a xenerosidade e valentía das persoas de Sálvora que foron auxiliar os náufragos.
Durante a exposición tiñámonos que fixar ben e buscar algúns datos para logo cubrir unha ficha que nos deu a profe.
Portámonos xenial, traballamos moitísimo, e ademais...pasámolo ben!
Queres ver fotos? Aquí che quedan:
Pincha na imaxe para ver todas as fotos
Pincha na imaxe para ver todas as fotos