lunes, 22 de junio de 2015

Ata sempre!

Tódalas cousas teñen o seu ciclo, e o de Acatromans toca ao seu fin.
Despídome deste blog que quixo ser (espero que o conseguise nalgunha medida) vehículo de comunicación entre escola e familias, caixón de recollida de actividades para os contidos que fomos traballando, canle de acceso ao que programábamos facer, escaparate dos traballos deste grupo de rapaces e rapazas, estímulo para mellorar a súa expresión, porta aberta á nosa aula.
Na saída que fixemos o último día do curso, Flora encontrou unha fermosa pedra en forma de corazón.
Pinchade nela, e veredes as fotos que fixen ese día.
Grazas tamén por todas as que enviastes polo whatsapp.
Disfrutade moito do verán!


https://goo.gl/photos/RAv59nQDrDHQhNnW8



miércoles, 17 de junio de 2015

ESCURSIÓN A SÁLVORA

O día 15 fomos a Sálvora, primeiro fomos en bus desde o colexio ata o muelle. A continuación fomos en catamarán ata Sálvora.
Tocounos un guia chamado Marcos, foi moi simpático pero algo exixente.
Vimos moitas gaivotas patiamarelas e moitos pitiños. No camiño habia moitos coellos mortos.
Vimos a aldea pero non nos deixaban entrar nas casas. Pero vimos un tractor, tamén habia uns hórreos dedicado ás Heroínas.
De volta ao catamarán moita xente foi abaixo e viase o fondo do mar.

https://goo.gl/photos/mvpUTobTHaRgeYaL9

martes, 26 de mayo de 2015

jueves, 14 de mayo de 2015

Obradoiro de graffiti

 Vistes que bonito quedou o muro do noso cole? Pois nós tamén participamos da tarefa de poñelo guapo.
A semana pasada houbo un obradoiro de graffiti, no que unha profe que se chama Sara nos explicou como se traballa esa técnica, ao tempo que experimentamos con ela.

https://plus.google.com/u/0/photos/106764338498479463641/albums/6148013463581121953/6148013549146131362?authkey=CIL8op_0jf28OA&pid=6148013549146131362&oid=106764338498479463641


Peixe a peixe, cuncha a cuncha, serea a serea, o muro quedou feito un mar de beleza!
Pinchando na foto, accededes a unha chea delas. 





Presentación para o cole de Perú

Como seguramente saberedes, levamos algún tempo carteándonos (por correo electrónico) cun grupo de alumnas e alumnos dun colexio de Perú.
Un dos profes dese cole, Raúl, é galego, e púxose en contacto con nós para ver de relacionarnos por carta, enviándonos información uns a outros, e participando así un pouco nós da súa realidade, e eles da nosa.
Hai uns días enviáronnos a revista "El Kaipacha". Un dos artigos que aparecen nela é dunha rapaza da nosa clase. Fíxonos moita ilusión.
Nós tamén quixemos facer un traballo para eles, e enviámoslles unha presentación de Power Point que fixemos con fotos de Aguiño.
Esperamos que vos guste!

miércoles, 6 de mayo de 2015

Facemos esculturas con Jontxu

O escultor aguiñense Jontxu Argibay leva varios días impartindo obradoiros de escultura para o alumnado dos distintos niveis do noso Centro.
A semana pasada tocoulle á nosa clase.
Trouxemos cadansúa caixa con area (non vos preocupedes, que nada máis rematar o traballo a area volverá para o sitio onde a collemos), e, despois de mollala, deixamos nela a marca da nosa man. Despois, enchemos o espazo restante da caixa con escaiola, que fomos preparando a medida que a fomos precisando.
Na area mollada, deixamos a pegada da nosa man

Agora estamos esperando que acabe de secar (por favor, que non chova máis!), para poder levar as nosas esculturas para casa. Que ganas temos de velas!
Mentres, tendes que conformarvos coas fotos do proceso...As outras, para a próxima semana.
Grazas, Jontxu!

miércoles, 29 de abril de 2015

Saída a Ribeira

Pra empezar a excursión, fomos ao centro de día de Ribeira, fomos falando e facendo novas amistades, despois @s alumn@s de terceiro cantaron dúas cancións e tocaron unha, despois nós recitamos poemas, tamén estivemos facendo de auxilaries de enfermeria.

Despois fomos ao teatro ver a obra do espantallo amigo. Aínda que fose diferente á novela gustoume moito, e foi moi gracioso.

Máis tarde, fomos á feira da educación, e vimos cousas moi chulas e divertidas, e tamén moi avanzadas, tamén estaban expostas cousas do noso colexio.

                                                    Estes somos nós recitando o noso poema

Traballo feito por Flora

Saída a Ribeira

Onte fomos a Ribeira ver unha obra de teatro e visitar aos do centro de día. Fomos recitarlle unha poesía de Ana María Fernandez, ademais de unha poesía que creamos nós.
Os meus anciáns favoritos foron Juan Antonio e Antonio.
Despois fomos ao teatro e foi moi gracioso porque o intérprete do gato parecía que estaba tolo.
Logo fomos á
praza do peixe e había unha exposición de robots e unha feira da educación.
En resumo, paseino moi ben.
 

 
Traballo de Juanma

Espantalllo amigo


Pincha na imaxe para ver máis fotos do teatro

Onte fomos de excursión a Ribeira. Saímos ás 10 menos cuarto en autobús e fomos ao  Centro de día. Visitamos os   vellos e recitámoslles un poema. Ao   saír fomos para  o auditorio e merendanos.  Entramos   para ver o  Espantallo  amigo   e na excursión paseino moi ben.

Traballo de Lucía   

Saída a Ribeira



 Saímos as 9:45 da mañá.
Primeiro fomos ao Centro de día, coñecimos a unha persoa anciá chamada Carmen, e unha anciá xa a coñeciamos porque viñera a o colexio, chámase Antonia.
Acompañeina tomar o café.
Logo fomos ao teatro de Espantallo amigo, foi unha pasada.
A continuación fomos a Feira do ensino, onde había robots que molaban un montón. Nunha parte do edificio aparecian cousas nosas.
Encantoume!!!

Traballo de Mateo

martes, 28 de abril de 2015

Saída a Ribeira

Como sabedes, a semana pasada estivemos en Ribeira. Visitamos o Centro de dia do Alzhéimer e fomos ao teatro ver a obra dos Quinquilláns "Espantallo amigo", baseada no libro de Xosé Neira Vilas. Tamén fomos ver a Feira da educación.
Déixovos aquí as fotos da visita ao Centro de día.
Nos vindeiros días iremos poñendo entradas coas súas narracións sobre como viviron ese día, e o resto das fotos.
https://plus.google.com/photos/106764338498479463641/albums/6140593867717748561?authkey=CPaH5p3W0L-yvQE

jueves, 23 de abril de 2015

Convenzo a un mono


  • Mono, no es tan malo parecerse a los humanos.

-Pero contaminan el medio ambiente.

  • Pero inventaron el amor.

-Sabes que, tienes razón, no está mal ser parecido a los humanos, gracias




Trabajo hecho por Juanma

miércoles, 1 de abril de 2015

Cartas a Neira Vilas

Durante os últimos días, estivemos lendo o libro de Xosé Neira Vilas "Espantallo amigo".
No libro cóntasenos a historia dun espantallo que vive colgado dunha figueira, coa misión de defendela contra os ataques dos merlos. Pero o espantallo vaise facendo amigo, non só dos merlos, senón tamén do can, do gato e dos rapaces. E paro de contar...quen queira saber máis que lea o libro!

Neira Vilas, co seu libro "Espantallo amigo"
A raíz da lectura, ocorréusenos que tal vez estaría ben escribirlle cartas a Xosé Neira Vilas, contándolle as nosas impresións sobre o libro.
Aquí vos deixo algunhas das enviadas:

Ola somos Bea e Laura, alumnas de cuarto de primaria do colexio C.E.I.P Heroinas de Sálvora en Aguiño.
Gustounos moito o teu libro de "Espantallo amigo" e queremos ler moitos libros máis teus.
Querémosche preguntar por que puxeches a Moncho no conto, porque só aparece nunha folla.
Chao,esperamos que esteas ben.


Ola Xosé Neira Vilas!

Nós somos Lucia e Luis, dous nenos de Aguiño.
Estudiamos no colexio CEIP Heroínas de Sálvora. 
Lemos o seu libro chamado Espantallo amigo.
Gustáronnos moito as rimas e as personaxes. 
Grazas ao seu libro, aprendemos moitas palabras novas. 
Gustaríanos moito saber máis cousas sobre o seu libro:
Por que o espantallo morre ao final?
En que se inspirou  para   facer o seu   libro?
Esperamos non molestalo  e agradeceriamos a sua   resposta.
Bicos e un saúdo de Luis e Lucía


Ola Xosé Neira Vilas, chamámonos Marco e Jenni e imos no colexio de Aguiño.
Gustounos moito o teu libro,e tamén nos gustaron moito as túas rimas.
¿A que anos empezaches a escribir?, ¿ Ainda  segues escribir ou deixáchelo? ¿A que anos empezaches a facer o teu libro? 

                                               GRAZAS POR LER A NOSA CARTA 
                                                             Un saúdo

                                                 Marco  e Jenni     


Ola Xosé Neira Vilas somos Ana e Flora e imos ao colexio c.e.i.p. Heroinas de Sálvora de Aguiño.
Se non che importa imosche facer unha serie de preguntas:
-¿En que  te inspiraches para o libro do "Espantallo amigo"?
- ¿É verdade que soñaches co espantallo amigo?
-¿Gústache a poesía?
Bueno estas foron as preguntas que queriamos facerche, tamén queriamos dicirche que nos gustou moito o libro do "Espantallo amigo" e grazas a el aprendemos moitas palabras como por exemplo: bufar , guindar , galla...
                         
    Un saúdo Ana e Flora

Ola Xosé Neira Vilas:somos dous rapaces de cuarto do C.E.I.P Heroínas de Salvora, de Aguiño chamados Juanma e Nazaret.
Gustaríanos saber algunhas cousas do teu libro "O Espantallo Amigo":
Por que fixeches tan curto o teu libro?
Por que o final é tan triste?
E verdade que tiveches un soño co espantallo amigo e por iso fixeches o libro?
O final gustounos moito ainda que fora moi triste porque o espantallo amigo axudaba a dous nenos pobres.
Un saúdo: Juanma e Nazaret de Aguiño.

O escritor tivo o detalle de responder as nosas cartas. Déixovos unha das súas respostas:
  Queridos Lucía e Luís:
  Alégrame que vos gustase o Espantallo, e que aprendésedes novas palabras, e que vos gustasen todos os personaxes. Este libro foi publicado en sete idiomas e foi representado en varios teatros de Francia e en 106 colexios dos arredores de París. Anda recorrendo Galicia e pode ir ó voso colexio se chamades a Xulio Amigo, Editorial Galaxia. Tl. 986 432100.
  O Espantallo morre porque é unha forma de entregarse ós demais. Tamén moitos homes e mulleres morreron e morren no mundo por loitar por cousas nobles e por facerlle o ben ós demais. Inspireime na necesidade da solidariedade humana.
  Cariños

Unha boa lección de solidariedade, a do espantallo, desde logo que si. 
Por suposto que iremos ao teatro ver a obra do amigo espantallo, Xosé!





martes, 10 de marzo de 2015

Gráficas dos sectores laborais a partir da enquisa

Hai uns días, levamos unha enquisa sobre o traballo para facerlle á xente da nosa familia ou da veciñanza.
Despois, na clase, estivemos traballando un pouco cos datos, organizándoos en táboas e facendo con eles gráficas, que nos axudan a ver dun golpe de vista a información máis básica.
Por exemplo, cal é o sector laboral no que traballan máis homes ou máis mulleres. Cos datos obtidos, as gráficas respectivas son estas:


Como vemos, o sector primario ten especial incidencia nos homes, mentres que o sector terciario é o que predomina nos traballos das mulleres.
Tamén miramos se o traballo realizado era ou non remunerado. O traballo non remunerado é realizado case sempre por mulleres. A gráfica é esta:
Outra das preguntas era que cousa lle gustaba á xente máis do seu traballo, e que cousa menos. Con ese dato non se poden facer gráficas, pero si que fixemos unha nube de palabras, na que sae máis grande aquelo que se repite máis veces.
O que máis lle gusta á xente de Aguiño que realizou a enquisa podemos velo nesta nube de palabras:



Tamén hai cousas desagradables no noso traballo...e tamén esas quedaron recollidas nunha nube de palabras que fixemos entre todo o grupo:


Agora sabemos un pouco máis sobre os sectores laborais, o que significa cada un, e cales teñen máis peso na nosa localidade.

lunes, 9 de marzo de 2015

Dornas

Con pasta de modelar, un pau de brocheta e un anaco de papel pintado dos que se usan para cubrir paredes, fixemos unha dorna.
Custounos un pouco, é moi difícil modelar!

https://plus.google.com/photos/106764338498479463641/albums/6124265252508860337/6124265385028880562?pid=6124265385028880562&oid=106764338498479463641&authkey=CKjl04fV4ZqqVg
Da que secou, pintámola e puxémoslle nome.
Aquí vos quedan estas dornas aguiñenses.

viernes, 13 de febrero de 2015

Entroido con mimos

Xa chegou o Entroido!
Hoxe o cole estaba cheo de caras brancas e camisas de raias.
Hoxe falaron as mans!

Fomos de mimos, si, eses que se comunican a través da linguaxe xestual.
Houbo risas, baile, e tamén merenda.
Aí vos quedan as fotos!

jueves, 29 de enero de 2015

Aula de plástica: regata.

 Aproveitando que na clase de Coñe traballamos o tema da evolución dos barcos a través da historia, en Plástica traballamos tamén sobre barcos.
Estivemos vendo diversas marinas sobre regatas (Signac, Theo van Rysselberghe, Monet...), e observando como estes autores representan a distancia usando un tamaño máis pequeno para os obxectos que están máis lonxe.
https://plus.google.com/u/0/photos/106764338498479463641/albums/6109729156497400977/6109729162109980770?pid=6109729162109980770&oid=106764338498479463641&authkey=CL32mMarsobMmgE

Despois, tomamos como modelo o cadro de Theo van Rysselberghe "Regata", que vedes na imaxe, e creamos a nosa propia composición partindo del.
Se pinchades no cadro dese pintor, podedes ver tamén os nosos.
Gústanvos?


martes, 27 de enero de 2015

Unha de barcos


http://es.padlet.com/acatromans/barcos


Estes últimos días, na clase de Coñe, estivemos traballando un pouco a historia da navegación.
Vimos un montón de tipos de embarcacións, desde as máis primitivas, feitas con troncos ocos ou feixes de pólas, ata as máis sofisticadas que existen na actualidade, como o Planet Solar, un barco que foi quen de dar a volta ao planeta utilizando só enerxía solar.
Buscamos imaxes e información sobre candasúa embarcación, e fixemos un Padlet con toda esa información.
Queres velo? Pincha na imaxe!

viernes, 23 de enero de 2015

Visita do meu pai e o pai de Uxia

O meu pai e o pai de Uxia viñeron darnos unha charla para saber máis das dornas.
Meu pai trouxo unha dorna de madeira chamada ´´Brétema ``, tamén trouxo unha gradella, a gradella servía para coller polbos.
A gradella é para recoller a liña coa que se colle o polbo

Logo fixémoslle preguntas, eu pregunteille:
-Que pasaría se rompese o timón?
Pero o máis gracioso foi cando lle rompeu o timón como eu dixen.

Traballo de Mateo

Os nosos pais dando unha charla

Hoxe ás 12:30 viñeron os nosos pais, o meu pai e o pai de Mateo. Paseino moi ben.
Todos fixeron preguntas, bueno casi todos fixeron preguntas. Eu preguntinlles moitas cousas, 5 ou 6.
Á raña hai que poñerlle un engado para que os polbos se agarren a ela

Meu pai parecía que tiña un pouquiño de vergoña,ji-ji-ji. Pero antes de todo presentamos aos nosos pais,  eu dixen:
 -O meu pai chamase José Manuel Pérez González.
E Mateo dixo:
 -O meu pai chamase Jose Antonio Arestín Campaña.
Eu estaba un pouco nerviosa, non sei por que. Encantoume!
Explicounos o que era a gradella.

Traballo de Uxía