miércoles, 6 de mayo de 2015

Facemos esculturas con Jontxu

O escultor aguiñense Jontxu Argibay leva varios días impartindo obradoiros de escultura para o alumnado dos distintos niveis do noso Centro.
A semana pasada tocoulle á nosa clase.
Trouxemos cadansúa caixa con area (non vos preocupedes, que nada máis rematar o traballo a area volverá para o sitio onde a collemos), e, despois de mollala, deixamos nela a marca da nosa man. Despois, enchemos o espazo restante da caixa con escaiola, que fomos preparando a medida que a fomos precisando.
Na area mollada, deixamos a pegada da nosa man

Agora estamos esperando que acabe de secar (por favor, que non chova máis!), para poder levar as nosas esculturas para casa. Que ganas temos de velas!
Mentres, tendes que conformarvos coas fotos do proceso...As outras, para a próxima semana.
Grazas, Jontxu!

No hay comentarios:

Publicar un comentario