miércoles, 10 de abril de 2013

Pintando como Pollock

Na clase de plástica, estivemos traballando un autor que se chama Jackson Pollock.
Jackson Pollock considérase o precursor do expresionismo abstracto. Pintaba utilizando técnicas que nunca se utilizaran anteriormente, e que se chamaron "Action Painting".
Utilizaba os pinceis de forma ríxida, con movementos rápidos, ás veces lanzándoa con forza contra o lenzo; ás veces deixándoa pingar dende o bote de pintura, ao que lle facía un furado, sobre o lenzo, movéndoo con rapidez; tamén usaba aerosois.
Para obter resultados que recorden a Pollock, nos utilizamos unha técnica mixta para a que precisamos: unha caixa pouco profunda, folios, pintura, canicas e pinceis. 
Poñemos o folio dentro da caixa, e mollamos as canicas en pintura. Collemos varias canicas, metémolas na caixa, sobre o folio, e movemos a caixa en distintas direccións, de modo que as canicas van marcando sobre o folio o seu percorrido con cores.
Despois, mollando o pincel en pintura, lanzámola con forza contra o folio, para salpicar nel a pintura, como facía Pollock.
Na galería de imaxes podedes ver como o fixemos.
Pasámolo pipa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario